Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 277 - 15/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Fusión de centros

Na reunión que a Xunta de Persoal tivo co xerente o día 10 de maio unha das cousas que se puxo enriba da mesa foi a fusión da Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) e a Escola Universitaria de Arquitectura Técnica (EUAT), primeiro porque afectando directamente ao colectivo de PAS, o seu órgano de representación non fora nin tan sequera notificado, por outro lado porque entendemos que o modelo de universidade que quere impoñer o equipo reitoral debería discutirse antes de aplicarse.

 

  • Noticias relacionadas

 

Sen ir máis lonxe, a Universidade de Compostela, obrigada polas circunstancias económicas, ten que afrontar un plan de recortes que se discutiu e aprobou no Claustro. Este xeito de actuar posibilita que todas as partes expliciten, por unha parte o seu parecer e, por outra, que poidan aparecer propostas alternativas que mitiguen ou solvente a situación pola que se teñen que afrontar as medidas.
 
Lonxe de proceder desta maneira, con transparencia e socializando as tomas de decisións o equipo de goberno actúa ocultando as súas intencións (a instancias da representación dos traballadores e traballadoras, negouse a sinalar no último Consello de Goberno os centros e departamentos afectados). Individualiza a aplicación das súas alternativas, transformando como é o caso un problema que afecta estruturalmente a toda a universidade nunha cuestión que se soluciona cunha ou varias fusións, afrontando o procedemento con “negociacións” exclusivamente coas “partes afectadas” nas que non se contempla, faltaría máis, ao Persoal de Administración e Servizos, ao que, como tamén se denunciou na reunión coa Xerencia, seguindo a folla de ruta habitual, se nos impoñerá o que se acorde ou decida.
 
Condicionou o secretario xeral, no Consello de Goberno as posibles fusións ao acordo entre as partes (universidade-centro ou departamento). Non obstante “a fusión” da EUAT e a ETSAC, polo que coñecemos, xa tiña denominación para o novo centro e xa se contaba con publicar a súa creación no DOG do mes de agosto. Pode ser, tamén, que a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sexa partícipe da decisión tomada polo equipo de goberno a este respecto antes de ser discutida pola Comunidade Universitaria.
 
É significativo, unha vez máis, que coñezamos a concreción das intencións do sr. reitor e do seu equipo de goberno por indicacións de traballadores/as afectados/as e pola prensa, sen que os responsables desta iniciativa nin tan sequera se dignasen en comunicarlla directamente á Comunidade Universitaria.
Ningunea, unha vez máis, o sr. reitor ao Persoal de Administración e Servizos ao apartalo de todo o procedemento, esquecéndose de que é parte implicada, negándolle, incluso, a información sobre o plan trazado polo reitor e o seu equipo de goberno.
 
Estamos absolutamente en contra tanto das formas como do fondo no xeito proceder do equipo reitoral. Esiximos que calquera alternativa que
, no senso de implantar medidas de contención do gasto ou de implantación dun modelo de universidade diferente ao actual, se lles poida ocorrer aos que gobernan a institución sexan avaliadas, discutidas e, se é o caso, aprobadas pola Comunidade Universitaria antes de se intentar levar á práctica. Como primeiro paso esiximos que se faga público o proxecto que está intentando aplicar o sr. reitor que descoñecemos e que carece, polo tanto, de todos os condicionantes sinalados.
 
Comunicado público da EUAT 2015/06/11
Comunicado da ETSAC
 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript