Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 277 - 15/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  CRISE ESTAFA
 

E se en lugar de reducir o SMI dos mozos sen formación deixamos directamente de pagarlles?

Presentouse o barómetro de 2015 dos Círculos de Economía e de Empresarios e unha das súas conclusións déixanos perplexos: propoñen os empresarios reducir o salario mínimo interprofesional (SMI) dos mozos sen formación, de forma que unha parte da remuneración se pague en especie, para que así as empresas xeren emprego e crezan.

 

  • Noticias relacionadas

Pregúntome se talvez non sería máis interesante deixar de pagar directamente aos novos e que traballen sen cobrar nin un só céntimo. En lugar dunha remuneración económica, poderíaselles remunerar con vales de comida ou quizais mesmo con cursos de formación. Así, nun ano rematamos co paro deste colectivo en España. Iso si, a cambio dos nosos principios como país desenvolvido.
 
Espero cáptese a ironía. Onde queremos chegar como país? En serio queremos que ese sexa o noso modelo laboral? Propuxéronse expulsar a todos os mozos de España e con ideas como estas vano conseguir sen apenas esforzo. Hai que estrullar un pouco máis os miolos, señores empresarios. Xa abonda de buscar solucións doadas aos grandes problemas estruturais do noso mercado laboral.
 
Os compañeiros de Gurús Blog mostráronnos recentemente un gráfico que se ve claramente o segredo mellor gardado do milagre económico español. En serio queremos que a tendencia dos soldos no noso país siga sendo esa? Queremos crecer a custa do benestar da sociedade ou queremos que o benestar da sociedade creza? Repetímolo por activa e por pasiva: baixar salarios non é a solución.
 
El Blog Salmón

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript