Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 277- 15/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Se é certo, eu non o dubido, o que se sinala no comunicado da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica sobre o proxecto do reitor para a fusión desa escola coa Escola Técnica Superior de Arquitectura no que se establece que a xustificación para a fusión dos centros é o aforro de de 36.799,19 moi mal teñen que andar as contas da UDC. Se iso é así xa nos podemos poñer a tremer o PAS, porque se ao PDI lle toca algún sacrificio para nós multiplicarase.

Estamos en tempo de mudanzas que se viven con optimismo pola cidadanía pois faise efectivo un cambio radical nas alcaldías de moitas cidades. Por desgraza o optimismo nos concellos no é trasladable á nosa universidade. A intransixencia do xerente impedirá a recuperación do horario reducido que tiñamos antes de que a crise fose a xustificación para quitarnos dereito tras dereito. Tomo nota.

A precariedade instálase con forza na universidade. Convivo no meu día a día con traballadores, non podo dicir que non o sexan porque traballan, contratados polo Capítulo VI e con bolseiros, estes últimos deberían, ao meu parecer, estar en período de formación adquirindo habilidades para o seu futuro laboral, non obstante traballan tamén. Nin un nin outro colectivo teñen quen lles bote unha unha man. Non teñen representación colectiva. Habería que revisar esta circunstancia.

Queda pouco tempo para as xerais e, ollo, aínda pode Rajoy adiantar as eleccións, o que non é descartable, xa que collería á esquerda alternativa en pleno debate sobre se unidade popular ou confluencia ou mareas ou a miña marca é a que vale: desorganizada e entretida en mirarse o seu.
O clamor é enorme, non só entre as forzas que queren confluencia senón tamén entre boa parte da poboación.
É hora de construír pontes entre a xente, de facer un programa de cambio e de afrontar as eleccións con optimismo.
Quen queira quedarse á marxe, porque pensa que a ten máis longa, que explique á xente a súa postura e para quen traballan.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript