Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 277 - 15/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  XUSTIZA
 

Xuíces progresistas acusan o bipartidismo de non querer unha Xustiza independente

Unha Xustiza que necesita ser renovada, empezando pola Constitución. Esta é a proposta principal que fai a asociación de xuíces e maxistrados Jueces para la Democracia (JpD) tras a celebración do seu XXX Congreso.

 

  • Noticias relacionadas

Nas súas conclusións, a asociación progresista carga duramente contra os sucesivos Gobernos que mantiveron intacta a Constitución de 1978.
 
JpD apunta ás formacións políticas como as responsables do mal funcionamento da Xustiza. "Os principais partidos políticos non quixeron garantir un poder xudicial forte, independente e eficaz", as críticas. Ademais, tamén apuntan ás novas formacións, das que lamenta que non mostren "sensibilidade cara á Xustiza que merece a cidadanía".
 
"Os cambios constitucionais son unha práctica habitual nas sociedades democráticas avanzadas" e son os intereses económicos os que "baleiraron de contido a Constitución", argumentan dende a asociación. Así mesmo, advirten de que se deben adoptar fórmulas que garantan os dereitos sociais, que, concretan, "nunca deberían quedar a mercé da situación dos mercados ou dos intereses políticos".
 
Jueces para la Democracia tamén denuncia as "interferencias políticas" no Consello Xeral do Poder Xudicial, órgano de goberno dos xuíces, onde reclaman unha división de poderes real. Neste sentido, apostan por regular o Tribunal Constitucional, para garantir a súa "imparcialidade e independencia" e os requisitos de mérito e capacidade dos seus membros.
 
Finalmente, a asociación pon o foco en dereitos fundamentais como o da vivenda. Para iso piden apuntalar o dereito a esta e así "garantir a súa efectividade real". Débese perfilar de xeito axeitado o equilibrio entre o dereito á propiedade e a súa función social, conclúe.
 
Fonte: http://www.lamarea.com/2015/06/09/jueces-progresistas-acusan-al-bipartidismo-de-no-querer-una-justicia-independiente/

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript