Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 277 - 15/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  XUNTA DE GALICIA - PERSOAL LABORAL
 

O Comité Intercentros convoca manifestación/concentración o día 23

Despois das asembleas realizadas en toda a xeografía galega o Comité Intercentros do Persoal Laboral da Xunta de Galicia convoca manifestación/concentración en Santiago de Compostela , en San Caetano de 10:30 h a 12:00h o vindeiro día 23 de xuño.

 

  • Noticias relacionadas

Despois das reiteradas mobilizacións realizadas a nivel local en todo o territorio de Galicia, reivindicando o cumprimento das sentenzas que declaran ilegal a suspensión do artigo 19 do convenio colectivo de xeito unilateral por parte da Xunta.  Todos os comités de empresa de persoal laboral da Xunta de Galicia pronunciáronse pola realización dunha convocatoria centralizada o próximo día 23 de xuño en Compostela coa finalidade de reivindicar, unha vez máis, a recuperación de todos os artigos do convenio que están en suspensión (como o artigo 19, entre outros) e aqueloutros que sen estar en suspensión non se cumpran (concurso de traslados).

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript