Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 277 - 15/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  CRISE ESTAFA
 

Ao FMI aínda lle parece pouco

O Fondo Monetario Internacional é insaciable. Por un lado reforza o discurso do goberno sobre a recuperación económica, as súas previsións de crecemento superan mesmo ás feitas polo executivo, celebra que a recuperación en España estea a tomar corpo, pero... xa saben que co FMI sempre hai un, pero, todo isto é insuficiente.

 

  • Noticias relacionadas

Si se quere afianzar esta recuperación, di, hai que darlle unha volta de rosca ás reformas. Unha suba do IVE, un novo empurrón á reforma laboral para abaratar o despedimento, e introducir o copagamento na sanidade e na educación.
 
Esta é a súa receita, a súa dolorosa receita, se se quere afianzar a recuperación. Seguir apertando o cinto dunha sociedade cansa de recortes, de salarios baixos, de emprego precario. Pois di o FMI que aínda máis. Así que ao discurso optimista e triunfal do goberno, sáelle un pero, que ao goberno, evidentemente, non lle terá gustado nada, porque é evidente que hipoteca o futuro.
 
De todos os xeitos as recomendacións do FMI deberían obrigar a Mariano Rajoy a ser especialmente claro cos españois. Porque o seu discurso triunfalista nunca vai acompañado do que poida pasar máis alá da data das eleccións. Sería bo saber se seguimos tendo o futuro hipotecado, se seguimos pendentes de máis reformas. Porque ata agora o que pretende facernos crer é que o peor xa pasou, que a partir de agora só podemos andar cara á recuperación, que non volveremos vivir máis tesoiradas e que mesmo o que agora é precario terá tendencia a mellorar.
 
O FMI neste sentido desméntelle, fai falta aínda máis esforzo. A ver como modula agora o PP o seu discurso para que teña cabida a recomendación do Fondo Monetario Internacional. Iso sempre que a crea, porque é evidente que son este tipo de receitas as que nos levaron onde estamos. A austeridade orixe de todos os males, e ao FMI aínda lle parece pouco.
 
Àngels Barceló. Cadena SER

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript