Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 276 - 08/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  NON AO GASTO MILITAR
 

Campaña de obxección fiscal ao gasto militar 2015

A obxección fiscal aos gastos militares é un acto de desobediencia civil que consiste en negarse a colaborar co estado á hora de sufragar os gastos destinados á preparación de guerras, mantemento da estrutura militar, exército e outros corpos armados destinados ao control social. Tecnicamente, desobedécese de forma activa no momento de realizar a declaración da renda, desviando unha parte dos impostos que nos cobran a un proxecto que traballe pola xustiza social.

 

  • Noticias relacionadas

 

Recorda que está en marcha a campaña de obxección fiscal ao gasto militar. De Verdegaia levamos xa varios anos a apoiar ao Espazo Aberto Antimilitar, o colectivo que impulsa esta acción a nivel galego. Podes consultar toda a información na súa web:
 
http://nonaogastomilitar.org/content/campa-galega-pola-obxecci-n-fiscal-aos-gastos-militares-2015

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript