Número 276 - 08 de xuño de 2015
 
 

A CONSULTORA KPMG CONTINÚA RECOLLENDO DATOS NOS SERVIZOS DA UNIVERSIDADE. SEGUIMOS SEN TER COMUNICACIÓN OFICIAL DA SÚA ACTIVIDADE NIN DA FINALIDADE DA SÚA LABOR

UNIVERSIDADE

Constitución da Xunta de Persoal e primeira reunión ordinaria

    O pasado día 1 realizouse a constitución da nova Xunta de Persoal. Unha vez consituída a mesa de idade pásase á elección de presidente/a e secretario/a.

 UNIVERSIDADE
    Desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia abrira o local que se lle asignou no edificio do Centro Universitario de Riazor (CUR) todos os luns desde as 19:30 até as 21:00 horas, facémolo coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
CONFEDERACIÓN DE ANPAs GALEGAS

    A Constitución española di: “o ensino básico é obrigatorio e gratuíto”. A defensora do pobo di: “o carácter gratuíto do ensino nos niveis educativos obrigatorios debería facerse extensivo aos libros de texto e material didáctico utilizado”. O Consello Escolar do Estado di: “O libro de texto ou material didáctico que sexa preciso para impartir o ensino básica e, polo tanto, garantir o dereito fundamental á Educación, ten que ser gratuíto”.

COORDINADORA ANTIPRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA - A CORUNA

    Ante as informacións do peche de 1015 camas este verán por parte do goberno de Nuñez Feijoo, esta coordinadora non permanecerá impasible, e promoverá tódalas mobilizacións, actos de protesta e informativos que sexan necesarios, facendo un chamamento a tódalas forzas sociais, políticas e sindicais para facer unha fronte común e non cesar na protesta ata que tódalas habitacións e camas dispoñibles sigan abertas.

QUE NON CHE VENDAN "A BURRA"

    Hai uns días coñecíase a baixada do paro en maio en 117.985 persoas. Se quedamos con esta cifra a secas e a comparamos coa de meses anteriores, observamos como xa son varios meses acumulando descensos, e iso é bo. Non obstante, varios son os motivos que me fan pensar, e supoño que non serei o único, que as cifras do paro no Estado Español dan vergoña e terror ao mesmo tempo.

OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS - COIA

    A Xunta nola quere xogar coa RISGA. Van de preocupadas pola inclusión social anunciando novas medidas, pero o único que fan e engordar o número de persoas que sofren o empobrecemento e a precariedade.

ELECCIÓNS SINDICAIS

    O sindicato nacionalista CUT gañou, tal e como xa fixo hai catro anos, as eleccións celebradas este xoves na CRTVG. Terá seis representantes nun comité de empresa no que tamén estarán representados outros catro sindicatos; CIG, CCOO, USO e UGT.

LOITA SOCIAL

    Miles de activistas encóntranse na cidade de Múnic para protestar contra o Tratado de Libre Comercio entre a Unión Europea (UE) e Estados Unidos, que outorgará un enorme poder ás corporacións en detrimento dos dereitos laborais.

DISPOSTA A CHEGAR ATA O FINAL PARA QUE SE FAGA XUSTIZA CO SEU FILLO

    Na mañá do pasado sábado, 30 de maio, celebrábase en Las Palmas de G.C. unha manifestación en solidariedade con Takbar Haddi. A nai do mozo Mohamed Lamin Haidalla, asasinado por colonos marroquís nos territorios ocupados do Sahara Occidental, que se encontra en folga de fame dende o pasado 15 de maio para reclamar que se faga xustiza con este caso.

• OPINIÓN - Antón Losada

    Máis de cen mil desempregados menos e máis de douscentos mil afiliados novos para a Seguridade Social. Así soan as cifras do emprego de maio. Aí rematan as trompetas e as boas noticias. A realidade encárgase de traer as malas. Pode que o goberno teña eses titulares triunfais que lle sirvan como terapia tras os pésimos resultados do 24 M. Pero a xente seguirá sen ter a recuperación económica que estaba a esperar e se lles prometera.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADES GALEGAS
    O día 3 de xuño reuniuse o Consello Galego de Universidades. Fóra dos temas tratados na reunión aos reitores das universidades da Coruña, Compostela e Vigo preguntóuselles á saída da reunión sobre o Plan de Financiamento. Despois de sinalar a necesidade dun maior financiamento tanto a USC como a Uvigo volveron a pronunciarse por un reparto “en función dos resultados”.
 CONSELLO DE MINISTROS
    No mesmo día en que se coñecía o cese da Secretaria de Estado de Educación e polo que parece sinalarse nos medios de comunicación estando próximo o cese do propio ministro Wert, o Consello de Ministros do pasado venres día 29 de maio deu vía libre a dous decretos que van directamente contra a universidade pública.
 ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
    Os recortes de dereitos económicos que, desde o comezo da crise-estafa, se nos impoñen ás traballadoras e traballadores da Administración Pública deixa á promoción interna como única saída para mellorar as nosas retribucións . A Xunta de Galiza opta por non só recortar os salarios , tamén recorta a promoción interna, un dereito que mesmo o EBEP insta a fomentar.
 NON AO GASTO MILITAR
    A obxección fiscal aos gastos militares é un acto de desobediencia civil que consiste en negarse a colaborar co estado á hora de sufragar os gastos destinados á preparación de guerras, mantemento da estrutura militar, exército e outros corpos armados destinados ao control social. Tecnicamente, desobedécese de forma activa no momento de realizar a declaración da renda, desviando unha parte dos impostos que nos cobran a un proxecto que traballe pola xustiza social.
 MÁIS AUTOBOMBO
    As eleccións do día 24M teñen a súa repercusión, o PP entende que hai que domesticar aínda máis os medios de comunicación para convertelos no seu altofalante, o perpetuarse no goberno ten un custe e mercar vontades sempre foi unha das labores primordiais para cumprir ese obxectivo.
 VERDEGAIA
    Verdegaia concede o premio “Semente” a Manolita, Ramón e a súa familia e un simbólico “Cemento” á represión que as diversas administracións exercen contra os movementos sociais na súa defensa da natureza e os dereitos das persoas e colectivos.
 POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN
    Pitu é un xornalista navarro que pertence ao colectivo comunicativo Ahötsa.info. Veciño de Noain, pero natural de Iruñea, pasou un ano e medio en prisión preventiva polo seu labor xornalístico na páxina web antirrepresiva apurtu.org. Despois de pagar a fianza que lle impuxeron recobrou a súa liberdade, nun caso que finalmente non chegou a xuízo e rematou arquivado pola Audiencia Nacional española.
 LINGUA - Xaquín Campo Freire
    Meus benqueridos donas e cabaleiros: Primeiriño de todo, os meus respectos e manifestarlles as miñas esperanzas. Digo esperanzas, porque despois do ataque desapiadado, constante e sen nome do Señor Núñez Feijoo ao herdo espiritual meirande que nos legaron os nosos maiores, non só estou abraiado, como teño manifestado en múltiples artigos, senón que coma no inferno da Divina Comedia do Dante tiña perdida toda esperanza e vía irremisibelmente arruinada a nosa fermosa lingua. Pero coa chegada de vostedes mesmo me parece querer ver que algo moi importante pode de verdade mudar.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      ANUNCIANDO A RECUPERACIÓN

       
        HIGH COST: A CEA DE RAJOY DE VOLTA DA EUROCOPA CUSTOUNOS 1.000€

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript