Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 276 - 08/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES GALEGAS
 

As universidades galegas reclaman máis diñeiro e difiren no reparto

O día 3 de xuño reuniuse o Consello Galego de Universidades. Fóra dos temas tratados na reunión aos reitores das universidades da Coruña, Compostela e Vigo preguntóuselles á saída da reunión sobre o Plan de Financiamento. Despois de sinalar a necesidade dun maior financiamento tanto a USC como a Uvigo volveron a pronunciarse por un reparto “en función dos resultados”.

 

  • Noticias relacionadas

Á reclamación dun maior financiamento, único aspecto no que coinciden as tres universidades, e que é unha reivindicación máis formal que real pois fan ben pouco por conseguilo, seguirá unha loita fraticida pola consecución da maior parte do raquítico pastel.
 
As palabras de Salustiano Mato reitor da UVigo son aclaratorias, referiuse ao novo plan de financiamento do SUG que se atopa en proceso de negociación e avogou por uns criterios claros e medibles para o reparto do fondo estrutural común e porque unha parte máis intensa do financiamento sexa variable por resultados. Parecido criterio ten o reitor da USC que tamén se pronunciou polo reparto dunha maior parte do financiamento en función dos resultados.
 
Pola súa parte o reitor da UDC demandou máis fondos para o conxunto das universidades dende a Xunta. Na súa opinión, o problema non é o reparto, senón a cantidade global a repartir.
 
Os reitores acudirán, polo tanto, ás reunións de negociación dun aspecto determinante para que as universidades poidan cumprir a súa misión desunidos e con posicións contraditorias, o que facilitará a imposición do proxecto de universidade do PP.
 
Pensamos que é o mellor momento para recordar o manifesto que todos os representantes do PAS nos Claustros das tres universidades pública galegas realizamos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript