Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 276- 08/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

KPMG está en todos os fregados
O outro día souben que esta compañía auditora tampouco detectou a reiterada corrupción da FIFA onde ademais auditou e aconsellou as ofertas de Rusia e Catar para organizar o mundial. KPMG estivo detrás dos escándalos de Novacaixagalicia e CAM. O FBI investigou a KPMG por uso de información privilexiada. Tamén foi investigada polas fraudes de Enron, Xerox e World Com. Estes son algúns dos “lios” nos que está involucrada a firma que está traballando pra a universidade. Imos de cu.

Con alevosía
Que para o reitor o PAS non existe xa é sabido (ben, existimos pero para nos espremer e o zume que soltamos bebelo os seus colegas). Que as cousas que nos fai son a mala fe demóstrao de xeito habitual. Non ía ser menos con isto da KPMG. Nas vindeiras eleccións el ou o seu erdeiro/a porá as gafas de sol e co aparatiño ese da película dos homes de negro intentará facernos esquecer todo o que nos fixo pasar. Eu non esquecerei.

Eramos poucos e apareceu KPMG
Pois si, nin que non tivésemos problemas, aínda non se amañou o do peche do ESCI e xa temos outro asunto enriba da mesa. Aínda non dixerimos un problema e aparece outro. Quérennos atontar con tanto conflito. Non deixarnos respirar.

KPMG
Se esta consultora avalou as contas da CAM durante 20 anos que fai o sr. Reitor contratándoa. Que marxe de confianza pode aportar. A non ser que, como fixo coa CAM agora se limite a sinalar o que, previamente, se lle indique.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript