Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 276 - 08/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Constitución da Xunta de Persoal e primeira reunión ordinaria

O pasado día 1 realizouse a constitución da nova Xunta de Persoal. Unha vez consituída a mesa de idade pásase á elección de presidente/a e secretario/a.

 

  • Noticias relacionadas

Presentándose só unha candidatura composta por:
Presidente: Xosé Manuel Portela Fernández
Secretario: José Antonio Bouzas Gómez
A primeira votación tivo como resultado 6 votos a favor e a abstención do resto.
A segunda votación tivo como resultado 6 votos a favor, 3 en contra (CIG) e a abstención do resto.
 
Quedando, polo tanto, elixidos como presidente Xosé M. Portela e como secretario José Antonio Bouzas.
 
Posteriormente realizouse a primeira reunión ordinaria da Xunta de Persoal.
 
Ao comezo da reunión  Mª Eugenia Vieito Blanco, ao ser elixida nas eleccións municipais do 24 de marzo, feito que orixina que non poida desenvolver as súas funcións como representante das traballadoras e traballadores,  presenta a súa dimisión como membro da Xunta de Persoal, pasa a ocupar o seu posto a seguinte candidata da lista da APA, Manuela Pinazas Rego
 
Pásase á elección de compoñentes das comisións quedando como segue:
 
CONSELLO DE GOBERNO (1 representante): Manuela Pinaza Rego (APA)
 
COMISIÓN DE FORMACIÓN (3 representantes): Jesús Penedo Pallas (CCOO), Raquel Rubio Barbeito (CSIF) e Montserrat Fernández Casal (APA)
 
COMITÉ DE SEGURANZA E SAÚDE (1 representante): Pilar Comesaña Pérez (APA)
 
COMISIÓN DA ESCOLA INFANTÍL (1 representante): Nuria Vieira Sousa (APA)
 
COMISIÓN DE IT (1 representante): José Antonio Bouzas Gómez (APA)
 
COMISIÓN INTERCAMBIO VACACIONAL(1 representante por sindicato ou agrupación electoral): Manuela Pinaza Rego (APA), Jesús Penedo Pallas (CCOO), Non propón (CIG), Teresa Grandio Rodríguez (CSIF), Francisco Javier Romero Sánchez (UGT)
 
CONSELLO ASESOR DA OFICINA DE IGUALDADE (1 representante): Pilar Comesaña Pérez (APA)
 
ACORDO DE MOBILIDADE: está establecido que sexan o presidente e o secretario.
Poderá asistir ás reunións outras persoas da Xunta de Persoal a menos de que a Institución que a convoca indique o contrario
 
CIMAC: o propio regulamento establece que será o presidente da Xunta de Persoal.
 
A Comisión de listaxes de agarda establecerase, definitivamente, na vindeira reunión da Xunta de Persoal.
 
Solicítase reunión co xerente para tratar, entre outras cousas, sobre o peche do ESCI
 
Acórdase que se realizará unha reunión previa da Xunta de Persoal para analizar o que se lle trasladará ao xerente na reunión solicitada.
O xerente convocou á Xunta de Persoal para o vindeiro mércores, día 10, previamente, desde as 9 horas realizarase a reunión preparatoria da Xunta de Persoal.
Manterémosvos informadas/os
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript