Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 276 - 08/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  DISPOSTA A CHEGAR ATA O FINAL PARA QUE SE FAGA XUSTIZA CO SEU FILLO
 

Periga a vida da nai saharauí en folga de fame en Gran Canaria (vídeos)

Na mañá do pasado sábado, 30 de maio, celebrábase en Las Palmas de G.C. unha manifestación en solidariedade con Takbar Haddi. A nai do mozo Mohamed Lamin Haidalla, asasinado por colonos marroquís nos territorios ocupados do Sahara Occidental, que se encontra en folga de fame dende o pasado 15 de maio para reclamar que se faga xustiza con este caso.

 

  • Noticias relacionadas

A marcha, que partiu do consulado de Marrocos na capital grancanaria e transcorreu pola Avenida de Las Canteras para concluír na Plaza del Arquitecto Miguel Martín Fernández, contou cun amplo apoio popular.
 
Ao longo de máis de 3 quilómetros os manifestantes reclamaron xustiza para Haidala e a liberación do Sahara Occidental da ocupación alauita, recordando tamén, con diversos lemas, a complicidade das autoridades españolas coa represión da poboación saharauí.
 
Takbar Haddi: "Estarei aquí ata o final, aínda que me custe a vida. Para que vivir se non sei onde está o corpo do meu fillo"
 
A manifestación concluíu coa lectura do manifesto elaborado pola Comunidade Saharauí en Gran Canaria.
 
Só un día despois, Takbar Haddi, no seu décimo sétimo día de folga de fame, tiña que ser trasladada ao Hospital Doutor Negrín, ao sufrir un ataque hipoglucémico grave con risco de coma diabética.
 
Sobre as 08.30 horas do domingo produciuse o traslado ao centro hospitalario. Arredor do mediodía, a nai saharauí regresaba á súa esquina de protesta fronte ao Consulado de Marrocos en Canarias, "tras recibir soro en sangue e un diagnóstico moi preocupante" - segundo informou o voceiro da Plataforma Canaria de Apoio ao Pobo Saharauí, Ismael Emboiric.
 
Ás 15.00 horas unha vintena de activistas procedentes de diferentes illas e puntos do país finalizaba unha folga de fame de apoio a Haddi de 24 horas, iniciada o sábado co obxecto de "redobrar as voces de loita pedindo xustiza".
 
A nai do mozo apuñalado en El Aaiún, pola súa banda, reafirmou a súa intención de manter ata o final a súa folga de fame, "aínda que lle custe a vida".
 
"Estarei aquí ata o final dos meus días se non me entregan ao meu fillo. Todas as nais saben o que é a dor por un fillo. Para que vivir se non sei onde está o corpo do meu fillo" - manifestou.
 
Ata o momento, tanto as autoridades canarias coma as españolas ignoraron a situación e as reclamacións desta muller saharauí, que solicita recuperar os restos do seu fillo e que se xulgue aos responsables da súa morte.
 
 
VIDEOS RELACIONADOS:

 

 


 


 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript