Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 276 - 08/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS - COIA
 

A Xunta pretende agochar a miseria da RISGA con contratos precarios

A Xunta nola quere xogar coa RISGA. Van de preocupadas pola inclusión social anunciando novas medidas, pero o único que fan e engordar o número de persoas que sofren o empobrecemento e a precariedade.

 

  • Noticias relacionadas

 

Anunciaron hai unhas semanas 1.000 contratos para perceptoras da RISGA. Igual que o ano pasado, e con cartos chegados de Europa, a Xunta subvenciona cunha dotación de 10.000.000 de euros, as nóminas e as cotizacións á Seguridades Social para que os concellos contraten a persoas que estean a cobrar a RISGA.
 
Ofrecen, como o pasado ano, empregos de 7 meses de duración e do 75% da xornada laboral, para cobrar ao redor de 600 €. Os postos a cubrir son peón/a de xardinaría, peón/a de obra pública, condutor/a, etc., sendo o requisito da orde que sexan postos vinculados a obras e servizos de interese xeral e de utilidade social.
 
A intencionalidade do goberno autonómico non muda con respecto á convocatoria do ano ano anterior, que é, eliminar o maior número de persoas que cobran a RISGA. Número que a finais do ano pasado xa superaba as 10.000 persoas no noso país.
 
E despois de sete meses de contrato precario que? A única renda á que se pode acceder é un subsidio de 213 € xestionado desde o servizo público de emprego. Cantidade claramente insuficiente para cubrir as necesidades básicas. Obrigando as persoas a solicitude de axudas de emerxencia social, que son escasas e limitadas. E a comezar de novo o tortuoso camiño de solicitude da RISGA: con numerosas citas nos servizos sociais, control e visitas o domicilio, entrega de abundante documentación e a espera de máis de dez meses da resolución.
 
Esta medida de emprego temporal e precario, é a solución da Xunta para mellorar as condicións de vida daquelas que encarnamos as cifras das estatísticas:
 
- Dous de cada tres desempregadas, unhas 185.000 persoas, non perciben ningún tipo de prestación.
 
- 95.000 fogares teñen todos os seus membros no paro, dos cales 18.000 viven en grave situación de pobreza.
 
- Un cuarto da sociedade galega vive na exclusión social.
 
- Tres de cada dez perceptores da Risga teñen cronificado a súa situación.*
 
A fenda da pobreza agrávase no noso país, a situación de precariedade e exclusión social aumenta sen freo para moitas galegas e galegos. Non cansamos de repetir que a RISGA non é un instrumento eficaz que garanta a inclusión social nin unhas condicións de vida dignas, plenas e en liberdade. Fronte á centralidade do emprego, nós falamos da centralidade da vida: Renda Básica das iguais e moitísimo máis!
 
Xuño, 2015
 
ODS-Coia
 
---
 
*datos de Sermos Galiza
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript