Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 276 - 08/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  QUE NON CHE VENDAN "A BURRA"
 

As cifras do paro no Estado Español dan vergoña e terror ao mesmo tempo

Hai uns días coñecíase a baixada do paro en maio en 117.985 persoas. Se quedamos con esta cifra a secas e a comparamos coa de meses anteriores, observamos como xa son varios meses acumulando descensos, e iso é bo. Non obstante, varios son os motivos que me fan pensar, e supoño que non serei o único, que as cifras do paro no Estado Español dan vergoña e terror ao mesmo tempo.

 

  • Noticias relacionadas

 

Cantos parados hai?
O primeiro que temos que ter claro é o número total de parados: 4,2 millóns segundo o SEPE. É esta cifra real? Se a comparamos cos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), moito máis fiable, esta sitúa o número de parados en 5,6 millóns (1,4 millóns máis).
 
Non obstante, como ben apuntaba Alejandro no seu post, nin sequera podemos fiarnos da EPA, pois son moitos os casos de persoas que levan tanto tempo paradas e están tan desesperadas que nin sequera buscan traballo. Entón, cal será a cifra real? Difícil de calcular, máis aínda se temos en conta a economía submerxida.
 
A temporalidade segue causando estragos
Tampouco é mellor a situación no lado do emprego. Certo é que se asinaron 1,57 millóns de contratos en maio, un 7,86% máis internual. Non obstante, só 124.605 deses contratos foron indefinidos (o 7,9%). Ademais, os contratos a tempo parcial representaron o 35,57% do total.
 
É obvio que a dualidade, o gran problema do noso mercado laboral, lonxe de solucionarse vai a máis, e igual de obvio é que os nosos políticos non puxeron o seu punto de mira en solucionalo, senón todo o contrario: apostan polo modelo de que dous contratos de 20 horas semanais son dous postos de emprego novos, e iso é o que venden.
 
O sistema non protexe aos parados
Sen dúbida, as cifras son catastróficas. Hai un bo sistema de protección detrás delas? A resposta é un non rotundo, pois só 2.23 millóns de parados recibiron algún tipo de axuda, contributiva ou, non o pasado mes de abril (esta estatística leva un mes de atraso). Desta forma, a taxa de protección oficial é do 53,87%, o que vén a dicir que 1,97 millóns de persoas (sempre segundo o SEPE) están totalmente fóra do sistema e non reciben ningún tipo de axuda.
 
De que comen estas familias? Como pagan as súas hipotecas? Dá medo pensalo. Non en van, a nivel comparativo non está de máis recordar que en 2009, nos inicios da crise, a porcentaxe de parados que percibían axudas alcanzaba o 80%.
 
Conclusións
Non imos negar que a situación é mellor que hai un ano. Non obstante, segue sendo unha catástrofe con maiúscula se temos en conta a mala calidade do emprego que crea e o abandono que sofren millóns de parados/as. Estas persoas están condenadas á exclusión social e parece que nos dá igual.
 
Quizais o máis triste é que moitos españois xa normalizaron esta situación no noso país, cando non é en absoluto normal. Abonda con comparar as cifras coas doutros países do noso ámbito, por exemplo as publicadas onte por Eurostat, para comprobar que o que pasa no Estado Español en termos de paro e emprego só pasa no Estado Español. En Alemaña, Francia, Reino Unido ou Italia, eses países cos que nos gusta compararnos, cifras como as nosas son ciencia ficción.
 
http://www.elblogsalmon.com/mundo-laboral/las-cifras-del-paro-en-espana-dan-verguenza
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript