Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 276 - 08/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
 

Promoción interna das traballadoras e traballadores da Xunta de Galiza

Os recortes de dereitos económicos que, desde o comezo da crise-estafa, se nos impoñen ás traballadoras e traballadores da Administración Pública deixa á promoción interna como única saída para mellorar as nosas retribucións . A Xunta de Galiza opta por non só recortar os salarios , tamén recorta a promoción interna, un dereito que mesmo o EBEP insta a fomentar.

 

  • Noticias relacionadas

A Dirección Xeral de Función Pública nos proxectos de ordes polos que se convocarán os procesos selectivos, nos que se acumulan as ofertas correspondentes aos anos 2009, 2011 e 2012, para o acceso aos subgrupos A1 e A2, establece unha limitación radical na carreira administrativa dos funcionarios e funcionarias da Xunta de Galiza, ao limitar a promoción interna no caso do subgrupo A1  a 4 prazas das 15 que se convocarán (o 26%). No subgrupo A2, destínase a promoción interna 3 prazas das 10 que se convocarán.
 
As Xuntas de Persoal  reclaman que se segan os mesmos criterios que os establecidos na convocatoria do ano 2008, moito menos gravosos para o persoal tanto no fondo como na forma.
 
As cinco Xuntas de Persoal funcionario veñen de elaborar un manifesto no que sinalan
 
Despois de cinco anos sen procesos de promoción interna, sumado isto a todos os recortes laborais e retributivos realizados polos gobernos galego e español, a carreira profesional e a promoción profesional dos empregados/as públicos/as vese gravemente danada.
 
A proposta deste goberno dun novo modelo de promoción interna, atenta gravemente contra o dereito dos empregados/as públicos/as á promoción profesional.
 
As Xuntas de Persoal funcionario da Xunta de Galiza non comparten o novo modelo proposto pola Consellería de Facenda. Entendemos que os cambios efectuados na Promoción Interna son insuficientes e volvemos a solicitar a volta ao marco das últimas convocatorias. Non aceptamos un cambio que equipara baseado nunha comparación absurda coas últimas bases para o acceso libre. Reiteramos pois a necesidade de establecer a exención de aquelas probas encamiñadas a acreditar os coñecementos xa esixidos no corpo ou escala de orixe.
 
Por todo isto, dende as Xuntas de Persoal funcionario da Xunta de Galiza de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Servizos Centrais, queremos sinalar que:
 
1. Queremos un sistema de promoción interna REAL e non ficticio.
2. Queremos un modelo de promoción interna que se asemelle ao anterior.
3. Queremos que a promoción interna non sexa un proceso tan gravoso como un de libre.
4. Creemos que a intención do Goberno é dificultar a promoción interna para deixar desertas as prazas.
5. Creemos que o Goberno quere deixar de lado a promoción interna ata implantar os sistemas subxectivos de promoción vertical da LEPG.
6. O goberno non quere negociar, só está disposto a realizar pequenas modificacións (redución dalgúns temas e duración dos exames, etc) que son os límites que se marca nesta negociación. Queremos que o Goberno negocie coas organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral dos Empregados/as Públicos unhas bases da promoción interna acordes á realidade.
 
Representantes da xunta de persoal dos servizos centrais da Xunta de Galiza abordaron ao  presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao que lle trasladaron o seu malestar polo proceso de promoción interna que prevé convocar a administración autonómica.
 
Ver más en: http://www.20minutos.es/noticia/2480981/0/sindicatos-trasladan-problematica-promocion-interna-feijoo-este-viernes-se-concentran-ante-egap/#xtor=AD-15&xts=467263

 
ÚLTIMA HORA
Despois da acción da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais abordando ao presidente da Xunta, o director Xeral de Pública comunica a apertura dun novo proceso negociador coa finalidade de acadar un acordo coa representación do persoal suspendeuse, polo tanto, a votación na Comisión de Persoal dos textos das convocatorias da promoción interna de persoal funcionario que pretendía impoñer Función Pública.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript