Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 276 - 08/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  COORDINADORA ANTIPRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA - A CORUNA
 

Co peche de camas seguen os recortes no SERGAS

Ante as informacións do peche de 1015 camas este verán por parte do goberno de Nuñez Feijoo, esta coordinadora non permanecerá impasible, e promoverá tódalas mobilizacións, actos de protesta e informativos que sexan necesarios, facendo un chamamento a tódalas forzas sociais, políticas e sindicais para facer unha fronte común e non cesar na protesta ata que tódalas habitacións e camas dispoñibles sigan abertas.

 

  • Noticias relacionadas

 

É claro o obxectivo deste goberno da Xunta de Galicia de deixar unha sanidade pública esmagada en mans das multinacionais que son as que pretenden manexar os nosos recursos, tanto económicos como asistenciais, e obter substanciosos beneficios a costa da saúde dos cidadáns. Algún día terán que explicar a cambio de qué se fixeron estas concesións.
 
O señor Feijoo é o máximo responsable deste desmantelamento e loxicamente vaino pagar caro nas vindeiras eleccións. Os galegos non permitiremos o desmantelamento da nosa sanidade, e os cidadáns faremos o que sexa necesario para recuperar o que é noso, e botar fora ás multinacionais e especuladores do noso sistema sanitario público.
 
A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript