Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 276 - 08/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  MÁIS AUTOBOMBO
 

A Xunta destina outro millón de euros para os medios de comunicación

As eleccións do día 24M teñen a súa repercusión, o PP entende que hai que domesticar aínda máis os medios de comunicación para convertelos no seu altofalante, o perpetuarse no goberno ten un custe e mercar vontades sempre foi unha das labores primordiais para cumprir ese obxectivo.

 

  • Noticias relacionadas

 

O DOG  do xoves, 28 de maio de 2015 publica a RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se amplía o crédito inicial das axudas económicas destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión. No que varias editoriais de xornais repártense 540.000 €
 
No mesmo DOG do xoves, 28 de maio de 2015 aparece, tamén a RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2015, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2015. Aparece outra cantidade orzamentada coa mesma finalidade, en total: 485. 273,32 €
 
Estas “axudas” súmanse ás destinadas no mes de febreiro ao mesmo fin e que alcanzaban o 1.135.000 € http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150212/AnuncioG0244-050215-0001_gl.html
 

Máis información: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/24307-xunta-inxecta-millon--aos-medios-batacazo-pp-24m
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript