Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 276 - 08/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  ELECCIÓNS SINDICAIS
 

A CUT volve gañar as eleccións na CRTVG

O sindicato nacionalista CUT gañou, tal e como xa fixo hai catro anos, as eleccións celebradas este xoves na CRTVG. Terá seis representantes nun comité de empresa no que tamén estarán representados outros catro sindicatos; CIG, CCOO, USO e UGT.

 

  • Noticias relacionadas

 

A CUT, que actualmente preside este órgano, obtivo 171 votos. Tres sindicatos empatan a catro representantes. Son a CIG, CCOO e USO que obtiveron 117, 116 e 113 votos, respectivamente. Pola súa banda, UGT queda con tres tras acadar 89 papeletas.
 
Nestes comicios, e a diferenza dos celebrados en 2011, non obtivo representación o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG), que tiña un membro no comité e que este ano non se presentou ás eleccións. Tampouco a Agrupación de Traballadores da Radio. E é que estas son as primeiras eleccións que se celebran conxuntamente tras a fusión nun único ente da CRTVG, a TVG e a RG.
 
Galicia Confidencial
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript