Número 275 - 01 de xuño de 2015
 
 

UNIVERSIDADE

A Universidade contrata á compañía KPMG para realizar un estudo que sirva de base para "racionalizar" os servizos

    Coñecemos, non pola vía oficial pois nin a Xerencia nin o reitor soltaron prenda, que desde o luns da semana pasada hai unha persoa da empresa KPMG que está a visitar servizos para coñecer que é o que se fai e como se fai, parece ser, tamén, que ao final do procedemento realizará un informe para “simplificar a administración”.

UNIVERSIDADE

Resumo do Consello de Goberno do día 28/05/2015

    O Consello de Goberno do día 28/05/2015 confirmou, de novo, o pouco que ao sr. reitor lle importa o Persoal de Administración e Servizos ao modificar, de facto a RPT sen tan sequera comunicarllo á representación do colectivo. No seu informe o reitor comunicou que, debido ao cese do director do Servizo de Normalización Lingüística a persoa que ocupa a praza nº 22 Técnico superior en normalización lingüística asume as súas funcións.

 UNIVERSIDADE
    Na Xunta de Persoal entramos nunha frenética dinámica arredor da negociación da RPT provocando que, no camiño quedaran moitas reivindicacións que a Xerencia ía a estudar pero que non se concretaron ao non recibir resposta, ou ben, a pesar da insistencia o xerente non atendeu. Desde a APA entendemos que compre, nesta nova etapa, revisar as actuacións realizadas poñendo, de novo, enriba da mesa as cuestións que están sen pechar.
CONFEDERACIÓN DE ANPAs GALEGAS

    A Confederación de ANPAs Galegas que se opuxo de xeito activo á realización da Reválida de 3º de Primaria (27 e 28 de maio) apoiando calquera decisión das familias que expresase o seu rexeitamento a esta proba, mesmo a de non enviar aos seus fillos e fillas ao colexio nos días nos que se realizou de éxito incuestionable o rexeitamento de nais e pais ao se producir, eses días, un absentismo escolar de entre o 58,5% e o 60%.

PAREMOS O FEMINICIDIO!

    Mulleres organizadas en grupos de acción local na Coruña, Lugo ou en Compostela, na Marcha Mundial das Mulleres de Ferrol e Ourense, xunto con diversas mulleres militantes do feminismo galego, convocamos hoxe concentracións diante dos xulgados destas cidades do país en repulsa á ineficacia dos poderes públicos, e contra o patriarcado que aínda permea na sociedade galega, que se cobrou a vida de María Isabel Fuentes, a primeira muller asasinada na Galiza pola violencia machista no 2015.

#NoEstamosSolos

    Unha delegación de pais e compañeiros dos normalistas desaparecidos en Iguala (México) o pasado 26 de setembro pasou por Madrid coa súa eurocaravana de Ayotzinapa

FERROL - MARCHAS DA DIGNIDADE

    Os xoves volvemos á carga pola RENDA BÁSICA XA!! e EMPREGO PARA TODAS E TODOS, chamamos a participar na concentración de protesta ás 11:30 diante do edificio da Xunta en Ferrol.

SANIDADE PÚBLICA

    Despois de estar dous meses e medio de baixa, Juan Ramón Couce, médico de familia do centro de saúde de Narón, reincorporábase este luns ao seu posto de traballo. Non obstante, ao doutor impedíronlle atender a súa consulta por un expediente disciplinario e unha denuncia de Inspección Médica que se resolverá no Xulgado o próximo 18 de xuño.

CRISE ESTAFA

    O 35,4% dos menores de 16 anos que residen no Estado Español encóntranse en risco de pobreza ou exclusión, unha taxa que se incrementou un 3,5% en 2014 e que leva tres anos á alza, segundo a Enquisa de Condicións de Vida do Instituto Nacional de Estatística (INE) difundida este martes.

• OPINIÓN - Isaac Rosa

    O vello " Que hai do meu? " que se oía tras cada cambio de goberno soa hoxe en Madrid e Barcelona, pero con outro sentido.

    
  •   
 
 ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    O Tribunal Supremo asesta un novo golpe contra a reforma laboral imposta polo PP ao anular, entre outros, parte do artigo 35.3 que engade supostos non establecidos na lei para xustificar a concorrencia da causa económica do despedimento colectivo na Administración pública.
 MAREAS POLA EDUCACIÓN PÚBLICA
    Tras coñecerse o resultado das últimas eleccións municipais e autonómicas queda claro que a suma dos votos dos partidos que rexeitan a LOMCE é maioritaria e, aínda en espera dos resultados das eleccións xerais, faise evidente que seguir coa súa posta en marcha sería un insulto á cidadanía e un fraco favor á comunidade educativa, necesitada de coidados e de visión de futuro, de verse libre destes vaivéns aos que os últimos cambios educativos nos someteron.
 MARCHA MUNDIAL MULLERES GALIZA
    Campaña de denuncia da desprotección á que están sometidas as mulleres que sofren violencia machista. Por Isabel Fuentes, por todas.
 LOITA SOCIAL
    Saben? Un dos enganos de arriba é convencer aos de abaixo de que o que non se consegue rápido e doado, non se consegue nunca. Convencernos de que as loitas longas e difíciles só cansan e nada logran. Trucan o calendario de abaixo sobrepoñéndolle o calendario de arriba: eleccións, comparecencias, reunións, citas coa historia, datas conmemorativas que só ocultan a dor e a rabia.
 ECONOMÍA
    A desigualdade entre ricos e pobres alcanzou un máximo histórico en moitos países desenvolvidos, segundo un informe publicado o xoves [21 de maio de 2015] pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE). O informe tamén sinala que o crecemento da desigualdade social estivo acompañado por un aumento do traballo temporal e a tempo parcial, sobre todo entre os mozos.
 PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE
    O goberno galego está empeñado na privatización do NHV, a pesar do seu financiamento maioritariamente pública e dos múltiples incumprimentos da UTE concesionaria...
 LINGUA
    Santiago de Compostela 27 de maio de 2015-. A Mesa pola Normalización Lingüística mostrou hoxe o seu apoio á reivindicación feita por músicas e músicos e participantes na cena musical galega para se manter o programa Planeta Furancho que até agora deu espazo a través da radio pública ás bandas galegas e que, segundo está previsto, se emitirá por derradeira vez o 29 de maio.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      HOUBO CARRETAXE

       
        QUEIMANDO OS PAPEIS DA VERGONZA

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript