Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 275 - 01/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Xunta de Persoal. Asuntos pendentes

Na Xunta de Persoal entramos nunha frenética dinámica arredor da negociación da RPT provocando que, no camiño quedaran moitas reivindicacións que a Xerencia ía a estudar pero que non se concretaron ao non recibir resposta, ou ben, a pesar da insistencia o xerente non atendeu. Desde a APA entendemos que compre, nesta nova etapa, revisar as actuacións realizadas poñendo, de novo, enriba da mesa as cuestións que están sen pechar.

 

  • Noticias relacionadas

 

Algunhas das reclamacións, xa realizadas e pendentes de resposta ou de que se cumpran os obxectivos:
 

  • Que se cubran todas as prazas da RPT
  • Roupa de traballo, aínda sen distribuír
  • Modificación da instrución que regula as gratificacións por xubilación do PAS funcionario, calculándose, por igual polo tempo traballado en calquera administración.
  • Modificación da instrución de Xornada, horario…
  • Representación do PAS en todos os Consellos de Departamento
  • Adeslas dental. Igualar a cobertura do PAS funcionario á do PAS laboral
  • Modificación do regulamento das listas de agarda sobre a mellora de emprego
  • Esixir que para a toma de posesión dunha praza por concurso teña que facerse desde o posto de orixe, segundo se recolle na norma
  • Aumentar 1 representante da XP mais na Comisión de Listaxes de agarda
  • Relación de servizos externalizados co custo que cada un deles representa
  • Análise pormenorizada da situación do Servizo de Cultura.
  • Xornada continuada en quenda de mañá nos laboratorios que actualmente teñen xornada partida (esta reivindicación xa se lle comunicou en varias ocasións ao xerente).
 
Non nos esqueceremos, tampouco, das cuestións que nos transmitistes nas visitas aos centros e servizos durante a campaña electoral ou ben a través do correo electrónico.

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript