Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 275- 01/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Gañamos os perdedores
Parecía unha premonición, o feito de que gañase a APA precedese a que a marea se fixese co poder político no concello da Coruña. Gañamos os perdedores, os que, acostumados a perder sempre xa pensabamos que nunca gañariamos. O poder delegado é moi importante, veremos como se xestiona.

A vitoria non foi total, pero pode selo
Á espera das eleccións xerais, de finais de ano, e ás autonómicas que tocan en 2016, atrévome a manifestar que a vitoria vai ser moi difícil que se consiga con maiorías absolutas para as organizacións emerxentes porque tanto o PP como o PSOE, este en menor medida, dotáronse dunha rede clientelar que lles asegura un confortable colchón de votos. Queda moito por facer, o importante é que nos sitios onde se gañou neste primeiro enfrontamento, no que nos atinxe a nós, Ferrol e Coruña, non se desilusione á cidadanía, servindo de espello que impulse as opcións asemblearias nos concellos nos que a implantación destas opcións son minoritarias.

Ollo cos oportunistas
Ó rebufo de calquera vitoria, nos concellos sobre todo, aparecen sempre os oportunistas, eses que se pegaron á candidatura para quitar algún beneficio persoal, onde hai diñeiro medran como vermes. Está comprobado que poden derrubar os cimentos de calquera alternativa. Ollo con eles.

Se votar servise para algo, estaría prohibido
Lino o outro día nunha pintada nunha rúa da Coruña, sempre fun escéptico no que se refire ás campañas políticas, ás votacións, aos parlamentos... Esta vez votei pero esa pintada é como un martelo que, de cando en vez, peta na miña cabeza. Agardo non ter que arrepentirme do voto.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript