Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 275 - 01/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

O Tribunal Supremo declara nulas as causas económicas xustificativas do despedimento colectivo no sector público

O Tribunal Supremo asesta un novo golpe contra a reforma laboral imposta polo PP ao anular, entre outros, parte do artigo 35.3 que engade supostos non establecidos na lei para xustificar a concorrencia da causa económica do despedimento colectivo na Administración pública.

 

 

Segundo a sentenza, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, sinálase que se produce a nulidade porque as causas económicas xustificativas do despedimento colectivo no sector público, previstas no art. 35.3 do Regulamento, exceden do previsto na disposición adicional vixésima engadida ao Estatuto dos Traballadores pola reforma laboral do PP
 
O Fallo establece que “declaramos a nulidade do apartado primeiro da disposición final 2ª  do Real Decreto 1483/2012, de 29 de outubro, así como do seguinte pasaxe do artg. 35.3 do Regulamento dos procedementos de despido colectivo e de suspensión de contratos e redución de xornada:”
 
“Para os efectos de determinar a existencia de causas económicas, para os suxeitos aos que se refire o citado artigo 3.2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, entenderase que existe insuficiencia orzamentaria cando concorran as seguintes circunstancias:
 
a) Que no exercicio anterior a Administración pública en que se integra o departamento, órgano, ente, organismo ou entidade presentase unha situación de déficit orzamentario, e
b) Que os créditos do departamento ou as transferencias, achegas patrimoniais ao órgano, ente, organismo ou entidade, ou os seus créditos, minorasen un 5 % no exercicio corrente ou un 7 % nos dous exercicios anteriores.
 
Para estes efectos, teranse en conta tanto as minoracións efectuadas no orzamento inicial como, respecto do exercicio en curso, as realizadas na fase de execución orzamentaria."

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript