Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 275 - 01/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  CRISE ESTAFA
 

A pobreza infantil sobe e supera o 35%

O 35,4% dos menores de 16 anos que residen no Estado Español encóntranse en risco de pobreza ou exclusión, unha taxa que se incrementou un 3,5% en 2014 e que leva tres anos á alza, segundo a Enquisa de Condicións de Vida do Instituto Nacional de Estatística (INE) difundida este martes.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Os datos ofrécense segundo o indicador europeo AROPE, que combina pobreza (ingresos por debaixo do 60% da media estatal), carencia material e baixa intensidade no emprego, para mostrar cantos cidadáns se encontran en risco de pobreza ou exclusión.
 
Con este baremo, o 29,2% da poboación de España está en situación de risco, un 1,9% máis que en 2013 e un 3,1% máis que no ano 2010. O 22,2% encóntrase en risco de pobreza por baixos ingresos (un 1,7% máis), o 7,1% afronta carencias materiais severas (un 1,1% máis) e o 17,1% presenta baixa intensidade no emprego (1,4% máis).
 
O risco de pobreza e/ou exclusión afecta en maior medida á poboación infantil. Así era para o 35,4% dos menores de 16 anos que viven en España ao peche de 2014, fronte ao 31,9%que representaban en 2013, o 31,4% de 2012 ou o 31,6% que supoñían en 2011 (sempre calculado cos ingresos do ano precedente).
 
En canto á poboación entre 16 e 64 anos, o 32% encóntranse en risco de pobreza ou exclusión, cifra que cae ata o 12,9% entre os maiores de 64. Este colectivo é o único no que diminúe a poboación en risco, pasando do 22,9% en 2010 á cifra actual.
 
Atendendo exclusivamente á pobreza, un dos tres indicadores que se bareman no índice AROPE, o INE sinala que o ingreso medio por fogar situouse o ano pasado en 26.154 euros tras caer un 2,3%. O albor a partir do cal se considera risco de pobreza, que se fixa no 60% desta cantidade, caeu en consecuencia e situouse en 7.961 euros ao ano para un fogar dunha persoa (un 1,9% menos) e en 16.719 euros anuais para fogares con dous adultos e dous nenos.
 
O INE revela que o 22,2% do total da poboación, un 1,8% máis que en 2013, gaña menos destas cantidades, é dicir, está baixo o nivel de risco de pobreza. O aumento foi maior entre os menores de 16 anos: sobe un 3,4% e alcanza xa ao 30,1% do total, é dicir, que a pobreza infantil está 7,9 puntos por enriba da que rexistra o conxunto da poboación.
 
Enquisa

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript