Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 275 - 01/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA
 

Impiden a un médico do centro de saúde de Narón que atenda a súa consulta

Despois de estar dous meses e medio de baixa, Juan Ramón Couce, médico de familia do centro de saúde de Narón, reincorporábase este luns ao seu posto de traballo. Non obstante, ao doutor impedíronlle atender a súa consulta por un expediente disciplinario e unha denuncia de Inspección Médica que se resolverá no Xulgado o próximo 18 de xuño.

 

  • Noticias relacionadas

 

Couce explicou que Inspección Médica lle abriu un expediente e o denunciou «por unhas cousas que publiquei en Facebook e que eran feitos irregulares», como abandonos de garda, omisións de socorro, uso de receitas do Sergas para clínicas privadas e derivación a farmacias de familiares, entre outros.
 
Uns feitos que o médico asegura que tamén puxo en coñecemento da dirección do centro e de Inspección Médica. Consideran dende Inspección esas publicacións na rede social como «faltas moi graves» e é por iso que o sancionaron con suspensión de emprego e soldo durante dous meses, ademais da denuncia vía xudicial.
 
O médico denuncia ademais que lle falta documentación que tiña na súa consulta, desapareceume toda a documentación clínica que tiña dun par de xuízos pendentes, un de malos tratos,. E é que cando chegou ao seu despacho, todos os seus papeis desapareceran e segundo lle explicaron están gardado en caixas.
 
Ferrol 360
 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript