Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 275 - 01/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

A Universidade contrata á compañía KPMG para realizar un estudo que sirva de base para "racionalizar" os servizos

Coñecemos, non pola vía oficial pois nin a Xerencia nin o reitor soltaron prenda, que desde o luns da semana pasada hai unha persoa da empresa KPMG que está a visitar servizos para coñecer que é o que se fai e como se fai, parece ser, tamén, que ao final do procedemento realizará un informe para “simplificar a administración”.

 

  • Noticias relacionadas

 

Para centros e departamentos o sr. reitor anunciou unha medida parecida pero (nese caso non podía ser doutro xeito) procederá doutra maneira, comentándoo e negociándoo, negándose a sinalar que centros e departamentos estarían afectados para non ferir sensibilidades.
 
Precisamente KPMG é a auditora que foi contratada pola Xunta de Galicia para facer a polémica due diligence que debía avalar que a fusión das daquela Caixa Galicia e Caixanova era "solvente e garantía a galeguidade". A auditoría sobre a fusión galega foi controvertida, ao se filtrar un avance do informe tan só quince días despois de que fose encargado o traballo.
 
Auditou, tamén, as contas da CAM durante 20 anos e audita de xeito habitual as contas da universidade.
 
De se confirmar esta actuación suporá unha afronta máis do sr. reitor ao colectivo e á súa representación
e actuaremos en consecuencia.

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript