Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 275 - 01/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Resumo do Consello de Goberno do día 28/05/2015

O Consello de Goberno do día 28/05/2015 confirmou, de novo, o pouco que ao sr. reitor lle importa o Persoal de Administración e Servizos ao modificar, de facto a RPT sen tan sequera comunicarllo á representación do colectivo. No seu informe o reitor comunicou que, debido ao cese do director do Servizo de Normalización Lingüística a persoa que ocupa a praza nº 22 Técnico superior en normalización lingüística asume as súas funcións.

 

  • Noticias relacionadas

Esta circunstancia xa se reflectía na proposta de RPT presentada pola Xerencia e que varios dos sindicatos presentes na Xunta de Persoal estaban dispostos a apoiar. A denominación da nova praza segundo consta na proposta era: praza nº 21 Técnico coordenador en normalización lingüística, iso si, co mesmo salario que a de Técnico superior.
 
Desenvolvemento da sesión:
 
1. Informe do Reitor
 
O día 6 de maio realizouse unha reunión ordinaria da CRUE
O día 3 de xuño terá lugar unha reunión do Consello Galego de Universidades no que se aprobará o decreto de taxas académicas para o curso 2015-16 nesa reunión a Universidade da Coruña apoiará a conxelación das taxas.
Ao se producir o cese de D. Xosé Ramón Freixeiro Mato como director do Servizo de Normalización Lingüística asumirá as súas funcións Marisol Ríos Noya, baixo a supervisión do secretario xeral.
 
Xerente:
O día 6 de maio tiveron lugar as votacións aos órganos de representación dando por rematado o proceso electoral.
O día 24 entrou en vigor a Lei de emprego público, que afecta directamente á universidade.
 
Secretario xeral
Informa que debido ao crecemento dispar das estruturas de centros e departamentos da institución, que conta con 21 centros e 43 departamentos o grupo de goberno está a estudar a elaboración dun plan de racionalización de centros e departamentos. Na situación actual é imprescindible reflexionar sobre estas dúas estruturas evitando duplicidades innecesarias. Este plan, aínda en fase de elaboración será negociado, consultándoo e dialogando con centros e departamentos.
A Universidade que conta coa residencia universitaria que xestiona directamente procederá a implantar un modelo de axuda complementaria (bolsa) para complementar a axuda directa de aloxamento. A situación actual aconsella rematar co concerto coa residencia privada.
 
2. Aprobación, se proceder, do borrador da acta da sesión ordinaria do 30 de abril de 2015 - apróbase.
 
3. Contratos e convenios – apróbanse
 
4. Modificación do Regulamento de creación, modificación e supresión dos institutos universitarios de investigación – apróbase
 
5. Calendario académico de inscrición e matrícula en estudos de doutoramento curso 2015-2016 – apróbase
 
6. Títulos propios de posgrao – apróbase cun voto en contra.
 
7. Nomeamento da Comisión Interna de Avaliación Docente do Profesorado – apróbse a proposta presentada.
 
8. Proposta de autorización de anos sabáticos para o curso académico 2015-16 – apróbase
 
9. Proposta de autorización de licenzas – apróbase
 
10. Proposta de revisión da norma sobre Promoción do profesorado Axudante Doutor e lnvestigadoresas dos programas Ramón y Cajal e Isidro Parga Pondal (Aprobado en Consello de Gobemo do 27 de maio de 2014 e modificada por acordo do Consello de Gobemo do 30 de setembro de 2014) - apróbase
 
11. Quenda aberta de intervencións
 
Xosé Portela
Comunicóusenos no Informe do Reitor que, polo cese de D. Xosé Ramón Freixeiro Mato asumirá as súas funcións Dna Marisol Ríos Noya, diante desta circunstancia temos que sinalar:
 

·         Non houbo comunicación, diálogo nin negociación coa Xunta de Persoal, órgano de representación do persoal afectado.

·         A decisión tomada afecta á negociación en marcha ,coa Xunta de Persoal, da RPT do PAS, realizándose a imposición a unha traballadora de funcións non contempladas na RPT actual e que viña desenvolvendo Xosé Ramón Freixeiro

·         A atribución desas novas responsabilidades contempla a percepción de retribucións adicionais?


Pode sinalar que centros se verán afectados polo plan de racionalización anunciado polo secretario xeral?
 
O vindeiro 1 de xuño terá lugar a constitución da nova Xunta de Persoal. Na última reunión realizada pola Xunta de Persoal saínte acordouse solicitar unha reunión coa Xerencia o que sinalamos para que o xerente adecúe a súa axenda tendo en conta xa esa solicitude.
 
Resposta do secretario xeral
A D. Xosé Ramón Freixeiro Mato acabamos de aceptarlle a solicitude de ano sabático. Considérase que o Servizo pode e debe asumir as súas funcións baixo a supervisión da Secretaría Xeral. As funcións asumiraas a funcionaria máis antiga no servizo.
A asignación de funcións non repercutirá salarialmente, en todo caso esta circunstancia corresponde ser avaliada pola Xerencia.
 
Sobre os centros afectados polo plan de racionalización non vai informar por respecto institucional ao considerar que deben ser informados previa e directamente.

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript