Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 275 - 01/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  #NoEstamosSolos
 

Ayotzinapa. A eurocaravana pasou por Madrid

Unha delegación de pais e compañeiros dos normalistas desaparecidos en Iguala (México) o pasado 26 de setembro pasou por Madrid coa súa eurocaravana de Ayotzinapa.

 

  • Noticias relacionadas

Levan dende o 16 de abril percorrendo distintas cidades europeas para esixir á UE que prema ao Goberno mexicano para que respecte os dereitos humanos" e informar a sociedade civil internacional de que a súa demanda de "presentación con vida" dos estudantes desaparecidos se mantén vixente, "malia que o Estado mexicano dese por concluída a busca e a investigación".
 
Explicouno en rolda de prensa Román Hernández, membro do Centro de Dereitos Humanos da Montaña Tlachinollan e integrante da brigada, que destacaba ademais, entre os obxectivos principais da caravana, o de "avalar a esixencia dos familiares de que se abran novas liñas de investigación", así como "denunciar a complicidade dos gobernos europeos coa sistemática violación de dereitos humanos en México".
 
Sosteñen que os gobernos europeos son "responsables da grave crise de dereitos humanos que se vive actualmente no país" xa que asinaron convenios de colaboración con México en materia de comercio e seguridade "que implicaron a venda de armas e capacitación a policía e exército", a pesar da conflitividade social,". E esixen por iso aos gobernos que "garantan o respecto aos dereitos humanos por diante dos investimentos privados e estranxeiros".
 
Os activistas, que fixeron un balance moi positivo do seu paso por Noruega, Suecia, Finlandia, Alemaña, Italia ou Francia, reuníronse en Madrid con organizacións e plataformas da sociedade civil como
15M, Amnistía Internacional, SOS Racismo, El Patio Maravillas ou a Asociación de Expresos e Represaliados Políticos Antifranquistas. Despois partirán cara a Barcelona tras unha manifestación convocada ás 19.30 horas e que foi do Ministerio de Asuntos Exteriores á Embaixada de México en Madrid.
 
 
ROLDA DEPRENSA DE MADRID COMPLETA

 

 


 


 

 

 

 

 

 

 



CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript