Xuño de 2015
 
 

NÚMERO 275 - 01/06/2015

   CUTUDC / Novidades

  PAREMOS O FEMINICIDIO!
 

Acción colectiva do feminismo galego. Manifesto 27 de maio de 2015

Mulleres organizadas en grupos de acción local na Coruña, Lugo ou en Compostela, na Marcha Mundial das Mulleres de Ferrol e Ourense, xunto con diversas mulleres militantes do feminismo galego, convocamos hoxe concentracións diante dos xulgados destas cidades do país en repulsa á ineficacia dos poderes públicos, e contra o patriarcado que aínda permea na sociedade galega, que se cobrou a vida de María Isabel Fuentes, a primeira muller asasinada na Galiza pola violencia machista no 2015.

 

  • Noticias relacionadas

 

Isabel foi acoitelada polo que era o seu marido, Aniceto Rodríguez, nunha habitación do Hospital de Ourense onde se atopaba ingresada desde o 3 de abril logo de ter sido agredida na súa propia casa. Non se adoptaron medidas cautelares de protección polo que o seu marido puido entrar na habitación e matala. Morreu polo mero feito de ser muller. Foi asasinada pola súa parella, mais tamén como consecuencia da ineficacia duns poderes públicos que non a protexeron .
 
Mais o caso de Isabel non é illado:
 

  • ·         No 2014 comezamos o ano cun dobre crime, o 14 de xaneiro, asasinaban a María José López, de 45 anos e á súa nai, Adela López, de 72, a paus, polo marido de María José en Cervo, Lugo.

  • ·         23 de febreiro, María Luísa J.J. , de 37 anos, embarazada de sete meses, foi acoitelada e semienterrada pola súa parella no Pino, en Vilaboa, Pontevedra

  • ·         25 de abril, María Elena Rodríguez Quiroga, de 71 anos, foi asasinada polo seu marido quen atouna de pes e mans, e disparoulle na testa en Foz, Lugo

  • ·         30 de abril, unha veciña da Coruña, María Belén Expósito Vázquez, de 43 anos, foi asasinada pola súa parella tirándoa do coche en marcha. Neste caso, como noutros, había denuncias previas

  • ·         30 de xullo o marido de Sara Pereira Fariña, unha muller de 81 anos, veciña de Pazos de Borbén, en Pontevedra, golpeouna cun martelo e logo asfixiouna

  • ·         25 de agosto, Mónica Lorenzo López, de 38 anos, foi asasinada a tiros polo seu marido, en Barro, Pontevedra

 
Desde o ano 2003, preto de medio centenar de galegas foron asasinadas por mor da violencia machista. Case setecentas no estado español. Un feminicidio invisibilizado polos poderes públicos, pola xustiza, polo goberno do Partido Popular, mesmo polos medios de comunicación.
 
Estas vidas non teñen o mesmo peso, a mesma importancia, nin a mesma resposta ca de tratarse doutro tipo de terrorismo. Non hai comparecencias pola vía da urxencia dos presidentes do goberno da Xunta de Galiza, nin do estado español, tan só ocupan minutos de silencio institucional.
 
Este é un síntoma que nos indica que non vivimos nunha democracia. Mentres este sistema patriarcal non se erradique, este sistema que se perpetúa baixo a premisa de que non somos donas de nós, que somos propiedade dos homes, nin haberá democracia nin pode haber igualdade real.
 
Respaldaremos a reclamación ante a administración pola indefensión de Isabel Fuentes e polo desleixo da xustiza neste caso, presentada pola Marcha Mundial das Mulleres, e que será arroupada por sinaturas individuais e colectivas. A reclamación será o paso previo para a presentación dunha denuncia ao Estado, e da recollida de queixas nos xulgados de violencia de Galiza, sobre o funcionamento da xustiza en relación ás mulleres que sofren violencia machista. Podedes formar parte activa destas accións con adhesións virtuais ou ben descargando a documentación na web www.feminismo.info/feminicidio/ e entregándoas asinadas antes do quince de xuño nunha vindeira acción colectiva que convocaremos a mediados de xuño.
 
Estamos hoxe eiquí porque queremos mudar unha situación insostíbel para as mulleres e porque forma parte da nasa responsabilidade. Queremos visibilizar o noso rexeitamento, que toda a sociedade entenda que é a nosa vida a que está en perigo. Que non lIe pertencemos a ninguén. E que non imos ficar caladas. Non imos gardar minutos de silencio palas vítimas. Imos saír á rúa todos os días que fagan falta esixindo xustiza, loitando pala igualdade e polo respecto, contra os valores patriarcais que perpetúan e consolidan na sociedade esta violencia sexista.
 
Hoxe berramos ben alto: MENOS DISCURSOS E MÁIS RECURSOS! NINGUNHA AGRESIÓN, NINGUNHA MORTE SEN RESPOSTA !
 
https://www.facebook.com/pages/Contra-a-Violencia-Machista-Acci%C3%B3n-Feminista-da­Coru%C3%Bla/608350839252054?fref=ts


Se queres participar no grupo podes contactar con nós no mail:
contraviolenciamachistacoruna@gmail.com
 
Consignas:
Non estamos todas, faltan as mortas!
Machista: escoita! Estamos en loita
Contra o machismo, máis feminismo
Ante a violencia ningún paso atrás
Se tocan a unha, tócannos a todas!
Patriarcado e capital, alianza criminal!
Machismo mata, os xuíces rematan!
Menos discursos e máis recursos!

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript