Número 274 - 25 de maio de 2015
 
 

UNIVERSIDADE

Xunta de Persoal. Reunión do día 20

    O pasado día 20 realizouse unha reunión da Xunta de Persoal agora en funcións, para analizar circunstancias que, pola súa urxencia, non podían agardar á constitución da nova Xunta de Persoal saída das eleccións sindicais realizadas o día 6 de maio.

 UNIVERSIDADE
    Despois de varios intentos de convocatoria que non se puideron levar a efecto debido á imposibilidade de asistencia dalgún dos representantes, convocouse aos novos membros electos para proceder á constitución da Xunta de Persoal o vindeiro día 1 de xuño.
ATENEO FERROLÁN

O OPUSDEISTA FERNÁNDEZ DÍAZ DETÉN A MÁIS DUNHA VINTENA DE INTERNAUTAS

    Dende fai meses,o Ministerio do Interior desata, de xeito recorrente, auténticas campañas de amedrentamento social en contra da libre comunicación a través da Rede.

É O CAPITALISMO

    Un dos maiores logros dos capitalistas é o de facer pasar os seus intereses como os intereses de todos.

LOITA OBREIRA

    A multinacional non recoñece o Comité de Folga como interlocutor e insta as traballadoras mobilizadas a acatar os acordos asinados por CCOO e UGT. Estas manteñen a folga indefinida.

TORTURA

    O Comité contra a Tortura da ONU sinala ao Estado Español que non adoptou as recomendacións que xa lle lanzou en 2009, que van dende adaptar a lexislación ata investigar os casos de torturas e poñer medios para impedir a súa práctica.

EN BUSCA DO TURISMO SANITARIO DE ALTO NIVEL

    O goberno do 'popular' Alberto Núñez Feijoó traspasou a xestión da sanidade pública de Galicia a fondos de investimento e a multinacionais estadounidenses.

• OPINIÓN - Isaac Rosa

    Ah, aquelas primeiras pedras con que os gobernantes empedraban os meses previos ás eleccións. Recórdanas? Poucas cousas lle gustan máis a un alcalde que poñerse o casco de obra e empuñar a paleta para botar uns grumos de cemento sobre a primeira pedra. Con solemnidade, como quen levanta unha pirámide, con ese aire rancio de No-Domingo, a miúdo con presenza das "forzas vivas" e ata o bispo asperxendo o pedrolo con auga bendita.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O vindeiro día 28 de maio realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno, como é habitual na orde do día non aparece ningún punto que, expresamente, trate sobre o PAS. Como facemos sempre poñémonos á vosa disposición para que, se tedes algo que queirades facer chegar ao sr. reitor, equipo de goberno e demais membros alí presentes, nolo comuniquedes.
 TRABALLADOR@S DE TRABALLO E BENESTAR. HOXE GOLPEAMOS NÓS!!!
    Éxito espectacular da xornada de loita convocada polos 4 comités provinciais de traballo e benestar!!!. Éxito total nas caravanas de coches da Coruña, Vigo e Ourente, e da marcha de Lugo. Hai que resaltar que a Delegación do Goberno da Coruña cambiou o percorrido (sen avisar ao Comité) para que a caravana non pasase diante da Voz de Galicia. Dá igual. Pasamos por Oleiros, Arteixo e A Coruña armando un lío fenomenal máis de 50 coches e 100 persoas neles. HOXE GOLPEAMOS NÓS!!!
 VIGO. SANIDADE PÚBLICA
    Imos preservar a identidade da boa interlocutora que nos mandou esta interesante mensaxe, pero creo que é importante difundir o que realmente é unha mostra do que estes negan e do que realmente pasa.
 CHUAC
    Sindicatos, médicos e persoal sanitario de todas as especialidades presentaron as súas protestas ante a Xerencia do Chuac, e realizaron unha concentración en apoio da Supervisora, este xoves pasado, ás 13:00 horas diante do CHUAC.
 CRISE ESTAFA
    A desigualdade entre ricos e pobres no Estado Español alcanzou o máximo rexistrado dende que a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) iniciou esta medición, hai 30 anos.
 CASTELA-A MANCHA
    O sindicato STAS Castela-A Mancha sinalou que se trata de posibles feitos de prevaricación e falsidade documental, debido a denuncias impostas por varios dos afectados. A Fiscalía Provincial de Guadalaxara citou ás partes para o día despois das eleccións para tomar as declaracións correspondentes.
 LINGUA
    Sabemos que a situación de crise do idioma galego ten raíces profundas. Que precisa algo máis ca unha decidida acción institucional para inverter a tendencia de ruptura da transmisión. Mais en absoluto a progresiva invisibilidade -sobre todo no medio urbano- do idioma propio quere significar que unha maioría social desexe a súa morte.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      XORNADA DE REFLEXIÓN

       
        PROMESAS ELECTORAIS

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript