Maio de 2015
 
 

NÚMERO 274 - 25/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  CRISE ESTAFA
 

A desigualdade social no Estado Español chega a unha marca histórica

A desigualdade entre ricos e pobres no Estado Español alcanzou o máximo rexistrado dende que a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) iniciou esta medición, hai 30 anos.

 

  • Noticias relacionadas

"Nunca foi tan elevada a diferenza entre ricos e pobres", segundo un informe publicado este xoves por esa organización, no que se recomenda reducir a precariedade laboral e as brechas salariais vinculadas ás diferenzas de xénero.
 
Segundo esta organización, as subas de impostos e os recortes sociais poderían estar detrás deste aumento na desigualdade.
 
Entre 2007 e 2011, en plena crise, as perdas nos ingresos dos fogares descenderon notablemente en toda Europa e no Estado Español caeron unha media do 3,5% anual; en países como Grecia reducíronse ata o 8%.
 
Non obstante, para analizar o aumento de desigualdade hai que dividir ese descenso: o 10% dos fogares máis desfavorecidos perderon un 13% anual dos seus ingresos, mentres o 10% dos que máis tiñan só perderon un 1,5% anual das súas ganancias, segundo a OCDE.
 
O informe sinala que no período previo á crise, a desigualdade antes de impostos e beneficios estaba bastante estabilizada.
 
"O elevado desemprego ou os axustes fiscais que afectan ao seguro de desemprego, ao sector educativo e á escaseza de investimentos poden ser algúns dos motivos", reza o informe.
 
Ademais da desigualdade, a pobreza aumentou de forma preocupante: en todos os países que pertencen á OCDE, a poboación que se sitúa por debaixo do nivel de pobreza entre eses anos pasou do 1% ao 9,4%.
 
No caso do Estado Español, sitúase no 18%, o dobre que antes da crise. Este é o segundo informe que, en poucos días, desmonta o discurso de recuperación difundido polo Goberno conservador de Mariano Rajoy.
 
Esta mesma semana, un estudo de Eurofound, a fundación europea da que forman parte a Comisión Europea (CE), os sindicatos e as patronais, aseguraba que o Estado Español é un dos países con maior desigualdade de Europa debido aos efectos das políticas neoliberais.
 
HispanTV
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript