Maio de 2015
 
 

NÚMERO 274- 25/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Esta semana non recibimos ningunha colaboración. Escribimos nós a nosa opinión sobre o que sucede coa intención de pechar o ESCI durante algunha semana do mes de agosto.

Quen dixo que non somos escravos?
Xa se montou no ESCI. Un fallo de construción vai provocar que @s traballador@s se vexan na obriga, se non o evitamos, de coller, (iso é o que pretende o director do centro) as vacacións no mes de agosto, e aínda por riba agradecid@s á benevolencia do sr. xerente, do sr reitor e da administración, que nos da traballo. O que sucede no ESCI é outra parábola que ilustra graficamente a situación na que desenvolvemos o traballo, estamos á disposición da universidade, as súas necesidades son o límite dos nosos dereitos, a acción social, xornada reducida..., agora as vacacións. O traballo preséntasenos como o centro de gravidade sobre o que xira a nosa vida, non te fíes da RPT (pódenche cambiar o posto á marxe de calquera negociación), non programes, non quedes con ninguén, non teñas vida porque sempre pode aparecer unha necesidade institucional que dea ao traste cos teus proxectos. A escravitude non desapareceu. Unirnos e non acatar imposicións, é a alternativa.

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript