Maio de 2015
 
 

NÚMERO 274 - 25/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  É O CAPITALISMO
 

O gran logro ideolóxico dos capitalistas

Un dos maiores logros dos capitalistas é o de facer pasar os seus intereses como os intereses de todos.

 

  • Noticias relacionadas

É dicir, defender os seus privilexios de clase a través dun discurso igualitario. Así, impóñense termos abstractos como "cidadán" (Blesa e Alfon son ambos os dous cidadáns, iguais!) E, de igual modo, convértense nos principais "defensores" da liberdade e a igualdade.
 
Como non defender a liberdade de comercio, se eu controlo o comercio? A súa liberdade é a miña. Como non defender a liberdade de prensa se eu controlo os medios de comunicación? As súas ideas son as miñas. Como non defender as eleccións, se eu controlo os políticos? Os partidos atenderán aos meus intereses. Un dominio total do Estado, sen aparecer nas poltronas do poder político.
 
Pero aí está! Aí está a gran banca, aí están todos os plutócratas capitalistas concentrados arredor do trono do capital invisible. Aí está o anel que os ata a todos arredor da Débeda, dende o maior trust mediático ata a hipoteca máis humilde. Aí están os González e os Aznar, asalariados directos das grandes corporacións. Aí está o sistema xudicial, dobremente controlado pola política e os subornos dos burgueses.
 
E o Estado, convertido nun espectro deste anel do capital financeiro, sométese por completo aos invisibles señores das accións, do capital. Termos como "a banca" ou "o sistema financeiro" son só máscaras, que converten en espíritos a un grupo de persoas concretas, uns oligarcas concretos, facendo así imposible que os traballadores os identifiquen co inimigo. Así, mostrando un dos exemplos mellor definidos do fetichismo da mercadoría, a banca aparece como unha entidade intanxible, como un Deus omnipresente e terrible.
 
Pero este sistema enorme está controlado por algunhas persoas que, tras o manto das accións, dedícanse a parasitar, a vivir do traballo dos demais, pois eles non realizan nin sequera un traballo de supervisión da súa explotación. Para que está o consello de administración?.
 
E se estes desaparecesen e a banca, ese Leviatán, e todo o seu poder estivese controlada polos traballadores, polo pobo? Ninguén ousaría enfrontarse a ese monstro. Verdade?
 
Canarias Semanal
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript