Maio de 2015
 
 

NÚMERO 274 - 25/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Xunta de Persoal. Reunión do día 20

O pasado día 20 realizouse unha reunión da Xunta de Persoal agora en funcións, para analizar circunstancias que, pola súa urxencia, non podían agardar á constitución da nova Xunta de Persoal saída das eleccións sindicais realizadas o día 6 de maio.

 

  • Noticias relacionadas

A orde do día foi:
 
1- Aprobación, se procede, das actas anteriores
2- Informe dos membros nas diferentes comisións
3- Obra de Impermeabilización no ESCI no mes de agosto
4- Desenvolvemento dos cursos de teleformación con diploma de aproveitamento
5- Asuntos de trámite
6- Rogos e preguntas
 
Conclusións:
 

  • Trala constitución da nova Xunta de Persoal solicitarase unha reunión coa Xerencia para tratar, entre outras cousas, o peche do ESCI motivado polas obras de impermeabilización, reclamándolle ao xerente a utilización das canles apropiadas para tratar temas desta índole, dándolle a preceptiva comunicación á Xunta de Persoal a á Comisión de Seguridade e Saúde Laboral.
  • No tocante ao curso de teleformación sinalar que se na convocatoria non se indicaba que o exame se realizaría de xeito presencial, non corresponde impoñelo despois de se inscribir o persoal.
  • Ao respecto da convocatoria de funcionarización remitida polo Servizo de Persoal acordouse, a instancias de APA, solicitar á Xerencia a realización dunha convocatoria extraordinaria para que, o persoal que non aprobara ou non se presentara en edicións anteriores teña a posibilidade de funcionarizarse.
 
Borrador de convocatoria de funcionarización

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript