Maio de 2015
 
 

NÚMERO 274 - 25/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  TORTURA
 

A ONU suspende ao Estado Español por non actuar contra a tortura

O Comité contra a Tortura da ONU sinala ao Estado Español que non adoptou as recomendacións que xa lle lanzou en 2009, que van dende adaptar a lexislación ata investigar os casos de torturas e poñer medios para impedir a súa práctica.

 

  • Noticias relacionadas

O Comité contra a Tortura da ONU publicou o pasado venres as súas observacións finais sobre España, nas que recolle as anotacións do informe sombra elaborado por Rights International Spain. Segundo explica esta organización nunha nota, a institución da ONU criticou no seu informe que España "apenas" avanzase no cumprimento das recomendacións lanzadas en 2009, ano do anterior exame a España sobre esta materia.
 
Dende a ONU sinalan que no Código Penal non se regula de forma axeitada os delitos de tortura e nin sequera se adecúa á definición de tortura contida na Convención Internacional contra a Tortura. Tampouco considera axeitadas as penas para este delito. Dende o Comité recordan tamén ao Goberno que os delitos de torturas, incluídas as desaparicións forzadas, non prescriben e úrxelle a tomar medidas para asegurar que os delitos cometidos durante a guerra civil e o franquismo sexan investigados e xulgados.
 
Sobre o réxime de incomunicación para detidos acusados de terrorismo, que pode durar ata 13 días, a institución insta o Goberno español a abolilo e incluír na Lei de Axuizamento Criminal, actualmente en proceso, garantías para que se respecten os dereitos das persoas detidas, como ser asistido por un avogado da súa elección ou ser atendido por un médico da súa confianza. O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, ao igual que outros organismos internacional, tamén sinalou a España que revise o réxime de incomunicación. Tamén pide ás autoridades españolas que aseguren a gravación audiovisual nas dependencias policiais e en lugares de privación de liberdade.
 
O Comité tamén sinala o excesivo uso da forza por parte da Policía e Garda Civil, tanto en manifestacións coma nas fronteiras, e pide que se establezan "normas claras e vinculantes sobre o uso da forza" e investigue e leve a xuízo os actos de brutalidade policial. Sobre control fronteirizo, tamén destaca a obriga a que o país preste asilo a persoas que corran risco persoal e previsible de ser sometida a tortura nos seus países de orixe e recorda que ningunha persoa pode ser expulsada, devolta ou extraditada a outro Estado sen que se avalíe antes o seu caso.
 
DiagonalPeriódico
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript