Maio de 2015
 
 

NÚMERO 274 - 25/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  VIGO. SANIDADE PÚBLICA
 

O SERGAS e POVISA

Imos preservar a identidade da boa interlocutora que nos mandou esta interesante mensaxe, pero creo que é importante difundir o que realmente é unha mostra do que estes negan e do que realmente pasa.

 

  • Noticias relacionadas

 A MENSAXE: ..."Povisa, hospital privado aqui en Vigo, o SERGAS externaliza aí doentes, non sei se saberás que está facendo recortes cos seus empregados.... Ventílaos pola porta de atrás ....e por diante está entrevistando novo persoal, eu pasei unha entrevista moi distinta: Entrevistáronnos ,na "rolda de prensa" levaba o meu Curriculum Vitae tod@ orgullos@ cos meus servizos prestados durante anos como eventual do SERGAS.... Nin o mirou, o de Recursos Humanos solicitoume o DNI e fixo unha fotocopia, preguntoume onde quería traballar e en que servizo me sentía mellor (foi a unica pregunta) díxenlle que viña do SERGAS e que sabía que eran convenios diferentes (privada e publico) (hai tempo que non me chama o SERGAS....espero) o de RRHH respondeume que pronto chamarían, díxenlle que o meu interese é o de traballar, afirmou contundentemente que ían chamar, respondín: non o sei, ogallá.  Dixo: asegúroche que si.... e que buscaban persoal para cubrir vacacións de verán e segundo a puntuación que nos daban (non entendo) poderiamos acceder a mais ou menos contratos.....Despois diso fíxome esperar fóra (e ás 14 persoas) chamáronnos a tod@s; tres persoas e un psicologo analizáronnos, sentadas as 14 candidat@s nunha mesa redonda expuxéronnos a debater un dilema tipo Camus....Cada unha eramos identificados cun personaxe, íamos nun globo porque a terra esta radiada a consecuencia dunha guerra pero, había unha illa "limpa" e tíñamos que salvar a un de nós.....tiñamos que "razoar"cada un porque debía salvarse a monxa a bióloga a prostituta a malabarista etc... (íamos no globo) en 20 min, rematou a sesión e xa nos chamarían.....Fai 15 días,e non teño resposta. Mentres debatiamos os de RR.HH e psicólogo escoitábannos e facían as súas "anotacións". En fin a saber que tipo de persoal queren e se poden ou non ser "manipulables". Con todo isto, supoño que Povisa apúntase ao "novo hospital publico de Vigo".
 
Galeno Insurgente

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript