Maio de 2015
 
 

NÚMERO 274 - 25/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  CASTELA-A MANCHA
 

O Goberno de Cospedal enfróntase a unha investigación criminal por non readmitir aos interinos

O sindicato STAS Castela-A Mancha sinalou que se trata de posibles feitos de prevaricación e falsidade documental, debido a denuncias impostas por varios dos afectados. A Fiscalía Provincial de Guadalaxara citou ás partes para o día despois das eleccións para tomar as declaracións correspondentes.

 

  • Noticias relacionadas

O caso dos interinos despedidos no verán de 2012 non rematou. Varios dos afectados polos cesamentos, anulados polo Tribunal Superior de Xustiza de Castela-A Mancha, interpuxeron denuncias ante a Fiscalía Provincial de Guadalaxara. O organismo decidiu iniciar unha investigación criminal en contra do Goberno de Castela-A Mancha, por uns feitos que poderían constituír delitos de "prevaricación e falsidade documental" segundo sinala o sindicato STAS Castela-A Mancha.
 
Tras a decisión do Tribunal Superior de Xustiza rexional de declarar "nulas de pleno dereito as ordes de 2012", que cesaban do seu posto a preto de 400 funcionarios interinos, a Xunta de Comunidades non obedeceu a sentenza do organismo de Xustiza ao non repoñer os traballadores nos seus postos de traballo. Segundo sinala STAS, 73 dos afectados non foron readmitidos, ao ter posto como data de cesamento o concurso de traslados de 2013, a supresión de comisións de servizo ou o peche de centros posteriores a 2012.
 
Ante isto, a Fiscalía de Guadalaxara, segundo comunica a organización sindical, está a estudar os cesamentos, ao considerar que se se cesaron as prazas en 2012 non é posible que saísen no concurso de traslados en 2013, cando xa non existían. As partes foron citadas o próximo 25 de maio para declarar ante a Fiscalía. María del Carmen González Molina, a Coordinadora Provincial dos Servizos Periféricos da Consellaría de Sanidade e Asuntos Sociais acudirá en nome da Xunta de Comunidades ao ter asinado a resolución do cesamento. Non obstante, STAS sinala que as responsabilidades caerán "probablemente" no Director Xeral da Función Pública, Juan Manuel de la Fuente e en Leandro Esteban, Conselleiro de Presidencia e voceiro de Goberno. Os interinos asistirán a título individual.
 
STAS sinalou que, mentres se abre esta investigación, o reingreso dos traballadores interinos aínda está pendente da resolución do incidente de execución que a organización interpuxo en conxunto con UGT ante o Tribunal Superior de Xustiza. Gustavo Fabra de STAS, sinalou que o seu sindicato ve este avance de xeito positivo e que demostra unha "actuación de mala fe" por parte da Xunta de Comunidades, ademais de "ilegalidade nos procedementos".
 
De feito, o sindicato sinalou que se trata do "maior escándalo da historia da Función Pública" de Castela-A Mancha, que foi condenado por vulnerar a negociación colectiva e que aínda non asumiu ningunha responsabilidade política. Ademais, segundo sinala a organización sindical, o Executivo "alongou" o procedemento de xeito "absurdo" ao presentar recurso ante o Tribunal Supremo que só custou máis diñeiro ás arcas públicas. O Goberno rexional aínda non sinalou canto custou este procedemento, a pesar dos requirimentos dos sindicatos e o PSOE.
 
El Diario
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript