Maio de 2015
 
 

NÚMERO 274 - 25/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  TRABALLADOR@S DE TRABALLO E BENESTAR. HOXE GOLPEAMOS NÓS!!!
 

Traballador@s de Benestar percorren a cidade nunha caravana de coches contra os recortes

Éxito espectacular da xornada de loita convocada polos 4 comités provinciais de traballo e benestar!!!. Éxito total nas caravanas de coches da Coruña, Vigo e Ourente, e da marcha de Lugo. Hai que resaltar que a Delegación do Goberno da Coruña cambiou o percorrido (sen avisar ao Comité) para que a caravana non pasase diante da Voz de Galicia. Dá igual. Pasamos por Oleiros, Arteixo e A Coruña armando un lío fenomenal máis de 50 coches e 100 persoas neles. HOXE GOLPEAMOS NÓS!!!

 

  • Noticias relacionadas

Máis de medio centenar de vehículos particulares de traballadores de residencias de maiores, centros de menores e do Centro de Atención a Persoas con Minusvalía da Coruña, o antigo Santiago Apóstolo, percorreron as rúas da Coruña dende os accesos dende a Ponte da pasaxe para denunciar os recortes continuos de persoal e a falta de descanso dos seus empregados.
 
Denuncian que a Xunta quere manter o próximo ano unhas quendas de traballo abusivas. Provocaron un tremendo atoamento nos accesos aos edificios administrativos da Xunta na zona de Novos Ministerios.
 
Aseguran que traballan ata tres fins de semana consecutivos ou nove días seguidos sen descanso. Dende o comité de empresa, Anxos Liste, sinala que as quendas excesivas provocadas pola falta de persoal, afectan aos traballadores, pero tamén á calidade do servizo que reciben os usuarios.
 
A caravana foi desviada pola policía do itinerario comunicado á administración e que tiñan dereito a seguir sempre que se transmita en tempo e forma. Un coche da policía local da Coruña marcaba o percorrido. En lugar de continuar ata o polígono de Sabón dende A Coruña como querían os traballadores desviaron de novo a caravana ata o centro.
Cadena Ser
 
VIDEO RELACIONADO

 

 


 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript