Maio de 2015
 
 

NÚMERO 274 - 25/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  CHUAC
 

O Xerente de Xestión Integrada da Coruña (CHUAC) traslada unha Supervisora de Planta por cumprir co seu traballo

Sindicatos, médicos e persoal sanitario de todas as especialidades presentaron as súas protestas ante a Xerencia do Chuac, e realizaron unha concentración en apoio da Supervisora, este xoves pasado, ás 13:00 horas diante do CHUAC.

 

  • Noticias relacionadas

Fontes consultadas este mércores no Centro Hospitalario "sinalan" como motivo principal do traslado da Supervisora o seu "exceso de celo profesionalidade" na xestión da Planta 10 de Cirurxía B.
 
As mesmas fontes resaltaron o extraordinario rigor profesional da Enfermeira Supervisora e de todo o equipo ás súas ordes, ademais do exquisito trato dispensado aos familiares dos pacientes ingresados.
 
Esta profesionalidade e vocación estivo avalada polo arduo traballo e estreita relación entre o persoal de limpeza, auxiliar, enfermaría e médicos.
 
O Xerente, Francisco Vilanova, ao parecer descontento pola defensa da vocación e a protección do persoal de Planta da Supervisora, decidiu trasladala a outro destino, alegando que era necesario "un cambio de aires".
 
Sindicatos, médicos e persoal sanitario de todas as especialidades presentaron as súas protestas ante a Xerencia do Chuac, anunciando unha concentración en apoio da Supervisora, concentración que se realizou o xoves, ás 13:00 dentro e fóra do CHUAC.
 
A esta concentración asistiron tamén un gran grupo de ex pacientes, familiares, amigos e simpatizantes da Supervisora para mostrarlle o seu agradecemento polo gran labor desenvolvido en favor dos pacientes.
 
VIDEO
 
https://www.facebook.com/mariajesus.neiravazquez/videos/10206695489134222/?pnref=story
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript