Maio de 2015
 
 

NÚMERO 273 - 18/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  REXISTRO CIVIL. NON Á PRIVATIZACIÓN!
 

O Goberno aparca a reforma do Rexistro Civil ata 2017

A Lei do Rexistro Civil non entrará en vigor ata o 30 de xuño de 2017, dous anos despois do último prazo previsto. Todos os grupos parlamentarios adheriranse ás dúas emendas presentadas polo PP. Tamén se anula a polémica plataforma informática única para todos os rexistros, pero mantense a garantía de gratuidade dos trámites.

 

  • Noticias relacionadas

 

A reforma do Rexistro Civil quedou aparcada ata xuño de 2017. O Congreso prorroga dous anos a entrada en vigor da Lei 20/2011 que ordena a desjudialización do Rexistro Civil.
 
O acordo produciuse despois de que o ministro de Xustiza, Rafael Catalá, renunciase a traspasar os Rexistros Civís aos rexistradores da propiedade e mercantís co fin de buscar unha "reforma pactada e consensuada" coas partes implicadas e os grupos políticos.
 
A falta de consenso sobre a cuestión e as reticencias dos profesionais convenceron a Catalá de que non era o momento nin o modo de facer o cambio.
Para facer posible esa "vacatio legis" (período que transcorre dende a publicación dunha norma ata que esta entra en vigor) de dous anos, o PP emendou a reforma do Rexistro Civil derrogando as leis vinculadas ao traspaso da xestión a través de dúas emendas.
 
Os partidos políticos teñen agora por diante un período de negociación de 25 meses nos que todas as partes implicadas teñen que encontrar un novo modelo de Rexistro Civil que conte co consenso xeral.
 
Queda aparcada, polo tanto, a pretensión do Ministerio de Xustiza de encomendar a xestión dos Rexistros Civís ao corpo de rexistradores, unha iniciativa posta en marcha polo anterior titular da carteira, Alberto Ruiz Gallardón.
 
A decisión concrétase en dúas emendas. Na primeira, referida ao Real Decreto que asignaba a xestión dos rexistros civís aos rexistradores mercantís, á Lei de validación do anterior decreto en igual sentido, dise que quedan derrogadas cantas normas se opoñan aos previsto na presente lei".
 
Na segunda emenda, o Partido Popular fixa o 30 de xuño de 2017 como a data de entrada en vigor da lei aprobada en 2011 polo Goberno do PSOE, que obriga a desxudialización dos rexistros en vez do 15 de xullo próximo, como establecía no plan inicial do Goberno.
 
Non obstante, os plans do Executivo de rexistrar os nacementos e mortes dende o hospital seguen adiante, aínda que a súa entrada en vigor amplíase ao 15 de outubro.
Esta novidade non tiña data de entrada en vigor xa que se vinculaba á entrada en vigor da Reforma do Rexistro Civil.

< br /> Publicado ou 14/05/2015 en www.confilegal.com
 
Ligazón permanente
 
VIDEOS RELACIONADO

 

 


 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript