Maio de 2015
 
 

NÚMERO 273- 18/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Espera tensa
Polo que nos dixestes hai que agardar o período establecido para posibles reclamacións ó proceso electoral. Estamos como moitas outras veces nunha espera tensa. Unha vez que remate ese período iniciaranse, novamente, as reunións coa Xerencia, falta saber cal vai ser a actitude da propia Xunta de Persoal ao constituírse e, despois, a proposta, que pode ser nova, de RPT que o xerente poña enriba da mesa. Mordémonos as unllas, polo menos os que xa sabiamos que pesa sobre os nosos postos de traballo a espada de Damocles.

PP
A mentira, o engano permanente, a impostura e a falacia, convertéronse nos sinais de identidade dese partido financiado dende o berce con diñeiro negro como van ter o alma?...pois da mesma cor, a cor do diñeiro, do ouro e os privilexios, claro, que todo o fan polo noso ben eles son uns grandes patriotas. Para vomitar, a pouco delicado que teñas o estómago do entendemento e a razón.

Corrupción, autoritarismo, déficit democrático
Por que vivimos nun silumacro de democracia? Pois moi sinxelo: Á morte do ditador, non se fixo limpeza, senón todo o contrario, tomaron os franquistas o que deberían ter sido as novas institucións.
Impuxéronnos un rei que elixira en ditador xenocida. Así quedaron intactas e nas mesmas mans dos de sempre todas a institucións políticas e non políticas: A xudicatura, o exército, policía, banco de España, patrimonio nacional, CNMV, eléctricas, empresas estatais, comunicacións, bancos, e un sifín que non cabería no comentario e para guinda a todopoderosa igrexa católica.
Pois iso.

O sistema teno todo “controlado”
Non importa quen gañe as eleccións. Gañe quen gañe estará a mercé dunhas institucións inmobilistas que impedirán calquera cambio real. Sucedeu co Estatuto catalán e pasará con calquera lei que poña en cuestión o que eses poderes consideren transcendente.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript