Maio de 2015
 
 

NÚMERO 273 - 18/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Pechar o ESCI non pode repercutir negativamente nos dereitos d@s traballador@s

Hai uns días os traballadores e traballadoras do ESCI comunicáronnos que no mes de agosto está prevista a realización dunhas obras de impermeabilización no edificio dos Servizos Centrais de Investigación. A realización destas obras leva asociado un parón da instalación de climatización e renovación de aire do edificio que afectará durante a 1ª e 3ª semana de agosto a parte do edificio e durante a 2ª semana á totalidade do edificio.

 

  • Noticias relacionadas

 

Mediante un correo electrónico o director dos Servizos de Apoio á Investigación sinala a posibilidade de que se coordine para que o persoal que desenvolve tarefas no edificio tome as vacacións preferentemente nesas datas para evitar problemas de saúde e polas previsibles inadecuadas condicións para o traballo. A Xunta de Persoal convocou unha reunión para o vindeiro mércores 20 de maio as 9:00 horas onde, entre outras cuestións, se tratará este tema.
 
O Real decreto 486/1997, de 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo, indica no seu artigo 3 que o empresario deberá adoptar as medidas necesarias para que a utilización dos lugares de traballo non orixine riscos para a seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras ou, se iso non fose posible, para que tales riscos redúzanse ao mínimo. Este real decreto no seu artigo 7 indica que a exposición ás condicións ambientais dos lugares de traballo non deberá supor un risco para a seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras.
 
A solución proposta pola dirección do ESCI para evitar problemas de saúde ao persoal o polas inadecuadas condicións de traballo, de que o persoal colla as vacacións en esas datas, prexudica claramente aos traballadores e traballadoras da UDC que teñen o seu posto de traballo neste edificio xa que moitas persoas planifican as súas vacacións en función do seu interese e/ou das condicións familiares (parella, fillos, etc).
 
Reclamamos que antes de adoptar unha medida como esta, coa que non estamos de acordo, ver outras posibles actuacións (habilitar un lugar de traballo provisional noutro edificio, equipos de ventilación e climatización portátiles, etc.) dialogando
coa representación do persoal afectado.
 
Por outra banda, se un traballador ou traballadora do centro non segue a directriz por calquera motivo e vai traballar garantí
selle que poderá desenvolver as súas tarefas sen riscos para a súa saúde polos traballos que se estean realizando?.

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript