Maio de 2015
 
 

NÚMERO 273 - 18/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  GALICIA, ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

Lei do Emprego Público. Primeira análise

A lei, como todas as actuacións recentes da dereita política, ten como eixo argumentativo a “racionalización da xestión dos recursos humanos no ámbito do emprego público”. Baixo esta premisa xa se pode albiscar o que realmente ten como obxectivo.

 

A consideración que nos merece esta lei xa a manifestamos noutras ocasións. Imos, polo tanto, analizar as cuestións que consideramos máis salientables porque, de que se nos aplique, xa se encargou o PP.
 
A Lei aprobada polo PP é un ataque máis á autonomía universitaria, a capacidade de negociación dos órganos de representación do PAS limitarase de xeito evidente, impoñéndosenos cuestións coas que sempre estivemos en desacordo e que, á súa vez , son tan relevantes no desenvolvemento da Lei como a avaliación do desempeño.
 
A lei prevé cambios na asignación de efectivos, contempla a posibilidade de mobilidade forzosa en todo os postos no caso da supresión dun posto.
 
Persoal directivo. A lei quere servir, de paso, para converter cargos políticos en empregados públicos, reservándolles o acceso aos máis altos postos da administración, polo momento entrementres non se desenvolva regulamentariamente o réxime xurídico específico do persoal directivo profesional consonte as previsións do capítulo II do título III, na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia terán a consideración de postos directivos as vicesecretarías xerais, as subdireccións xerais, as secretarías territoriais e as xefaturas territoriais.
 
Avaliación do rendemento (“avaliación do desempeño”). Que pasará (cando se regule pois a Lei establece un prazo de tres anos para regulamentala) a ser determinante para o acceso, aos postos de traballo e a súa conservación pois a Lei tamén contempla a remoción do posto obtido en concurso derivada dunha avaliación negativa da súa realización. Pode ser decisiva incluso para a prolongación da vida laboral máis aló dos 65 anos.
 
Regúlanse dous tipos de concurso, o concurso xeral, que seguirán os procedementos establecidos até agora e aparece o Concurso específico (para as prazas de xefatura de servizo e as que se determinen na RPT, quedando aberta esta posibilidade), onde factores como a entrevista persoal poden ser determinantes á hora de ocupar os postos, podendo chegar a converterse, de facto, o teórico concurso nunha libre designación.
 
O proxecto contempla a eliminación do límite temporal nas comisións de servizo. Agora o límite é de dous anos.
 
Estrutura salarial. Na nova estrutura salarial que se contempla no proxecto de lei, desaparecen os complementos de destino e o específico substituíndoos por complemento de posto de traballo, complemento de carreira e complemento de desempeño.
 

  • complemento de destino substituirase por un novo complemento de carreira, ligado á progresión na carreira horizontal.
  • complemento específico se converterá nun complemento de posto de traballo, vinculado ás características deste e estruturado en dous compoñentes: un de dedicación e outro competencial.
  • complemento de produtividade deixará paso ao complemento de desempeño, dependente da avaliación deste último
 
Retribucións diferidas, A administración facúltase para destinar parte das nosos salarios a fondos privados de pensións ou contratos de seguro colectivos que inclúan a cobertura da continxencia de xubilación para o seu persoal, polo tanto, outórgase a potestade de determinar onde se ingresan parte das nosas retribucións para favorecer, unha vez máis, aos seus amigos banqueiros.
 
Plus de altos cargos. Desaparece como tal transformándose nun complemento que, establece que as persoas que estivesen ocupando estes postos que reingresen ao servizo activo percibirán, en todo caso, un complemento de posto de traballo non inferior en máis dun nivel, ou tramo equivalente, ao que corresponda ao posto que ocupaban cando pasaron á situación de servizos especiais.
Ao remitirse ao último posto ocupado, non ao grao consolidado pode supoñer certa cantidade.
 
Cuestión relevante na negociación da RPT é que se contempla e regula o Grupo B.

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript