Maio de 2015
 
 

NÚMERO 273 - 18/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  LOITA OBREIRA
 

Mantense a folga dos técnicos de Movistar - Telefónica

A folga indefinida vai continuar mentres non se consigan os xustos obxectivos que perseguimos con esta folga; unha folga que supón para nós un gran sacrificio, xa que mentres dure non teremos ningún tipo de ingreso, pero que é xa a única vía que nos deixa a avaricia dunha empresa como Telefónica.

 

  • Noticias relacionadas

 

Bilbao, o mércores 13 de maio, no 37º día da folga indefinida que están a levar a cabo @s técnic@s de contratas, subcontratas e autónom@s que traballan para Telefónica-Movistar, realizouse unha manifestación con mais de 50 escaleiras ao ombro percorrendo a Gran Via, parando o as tendas movistar e rematando no concello de Bilbao para esixir publicamente a todas as e os candidatos que se impliquen na solución deste conflito. Fronte á tenda da rúa Bos Aires colocáronse todas as escaleiras na fachada subíndose @s técnic#s a estas ao berro de "MOVISTAR AQUI ESTAMOS, CANDO QUEIRAS NEGOCIAMOS"
 
Compostela, o venres, día 15, con 39 días de folga ás costas, tocoulle @s traballador@s galega@s galeg@s facer o propio. Centos de subcontratad@s e fals@s autónom@s percorreron as rúas compostelás para facer a mesma reclamación. A manifestación, na súa estadía diante do edificio administrativo da Xunta, reclamou a mediación da Consellería de Traballo e a conselleira Beatriz Mato que reciba á representación d@s traballador@s por entender que a Consellería é responsable de facer cumprir os Convenios Colectivos, velar polo cumprimento da regulamentación de seguridade e saúde laboral, para conseguir unhas condicións laborais e económicas dignas.
 
A folga indefinida vai continuar mentres non se consigan os xustos obxectivos que perseguimos con esta folga; unha folga que supón para nós un gran sacrificio, xa que mentres dure non teremos ningún tipo de ingreso, pero que é xa a única vía que nos deixa a avaricia dunha empresa como Telefónica que, a pesar dos miles de millóns que obtén de beneficio, foi modificando á baixa os contratos coas empresas que realizan traballos para ela aproveitándose da situación de crise existente, coa consecuencia última de que os que realizamos os traballos, temos que traballar 10 e 12 horas todos os días da semana para obter uns ingresos netos que non chegan nin aos mil euros.
 
Telefónica, e as contratas teñen na súa man a solución e esta pasa por que se senten a dialogar, séntense a negociar cos Comités de Folga, verdadeiros representantes das e os traballadores en folga. Nós estamos dispostos a negociar, Telefónica e as contratas non Quen esta alongando este conflito?
 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript