Maio de 2015
 
 

NÚMERO 273 - 18/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  CHILE
 

Represión a marcha de estudantes en Santiago. Dous mortos en Valparaíso

A pasada semana realizáronse masivas marchas de estudantes, xunto a profesores e traballadores da educación, en demanda de cambios significativos no proxecto de reforma educativa que impulsa o goberno, en varias cidades de Chile.

 

  • Noticias relacionadas

No centro de Santiago, a policía reprimiu lanzando gases lacrimóxenos e camións lanza auga contra mozos que responderon con pedras, no medio de corridas e golpes. Os carabineiros empregáronse con especial dureza, por ordes do goberno "progresista".
 
En Valparaíso, dous mozos faleceron tras participar na marcha estudantil deste xoves, no sector de Praza Victoria, unha vez concluída a mobilización. Segundo comentarios de testemuñas consultados por Radio Biobio, o incidente teríase producido logo de que os estudantes, Ezequiel Borbarán Salinas, de 18 anos e Diego Guzmán Farías, de 25, fosen atacados polo dono dun 'topless' no cal realizaran pintadas.
 
"Os carabineiros quedáronse mirando como estaba inconsciente, sen facer nada, e a xente pedíalles que fixesen algo", relatou unha muller que presenciou os feitos. Ambos os dous mozos foron trasladados ata o Hospital Carlos Van Buren. Un deles presentaba unha ferida próxima ao colo pero faleceu mentres recibía atención médica.
 
Mediante unha declaración pública, as Xuventudes Comunistas de Chile (JJ.CC.) informaron que Guzmán Farías era "militante do comunal Quillota". Xunto con entregar o pésame aos seus familiares e amigos, indicaron que "Estes dous mozos caeron loitando por transformar a nosa sociedade, son hoxe heroes estudantís do noso pobo ".
 
Santiago
A manifestación arrancara preto das 11 da mañá na céntrica Praza Italia para desprazarse pola Alameda, a principal avenida da capital chilena, con bandeiras e pancartas con esixencias de que o goberno de Bachelet cumpra as súas promesas electorais. Os organizadores estimaron que en total participaran preto de 150.000 persoas.
 
Como xa é habitual nas manifestacións de estudantes que se repiten en Santiago, os carabineiros, despregados en gran número dende temperán no centro da capital reprimiron con violencia ós manifestantes.
 
A mobilización realízase logo de que os profesores rexeitasen o proxecto de lei de carreira docente formulado polas autoridades e a pouco días de que a presidente Michelle Bachelet dea a súa conta pública ante o Congreso o 21 de maio, prazo no que debe presentarse a nova iniciativa de educación pública que retira a titoría dos colexios dende os municipios.
 
Preocúpanos o incumprimento dos prazos que o propio goberno se impón, dixo a presidenta da Federación de Estudantes da Universidade de Chile (FECH), Valentina Saavedra, aludindo a que aínda non se iniciou o trámite de proxectos relevantes como a desmunicipalización e a gratuidade nas universidades. Os estudantes acusan ó goberno e, en particular ao ministro de Educación, Nicolás Eyzaguirre, de non ter escoitado as demandas dos actores sociais.
 
A reforma da educación é unha das principais promesas de campaña da presidenta Bachelet e céntrase en mellorar a súa calidade, eliminar a selección de alumnos e garantir a gratuidade en todos os seus niveis. Pero ata o momento o único que está a facer é favorecer a educación privada.
 
Texto completo en: http://www.lahaine.org/represion-a-marcha-de-estudiantes

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript