Maio de 2015
 
 

NÚMERO 273 - 18/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  INSACIABLES
 

A Patronal CEOE quere suprimir a Educación e a Sanidade Pública

Juan Rosell, Presidente da CEOE quere suprimir a Educación e a Sanidade Pública, para privatizalas e que os seus amiguetes empresarios gañen moitos millóns sen arriscar nin un só euro dos seus petos, co beneplácito de Mariano Rajoy.

 

  • Noticias relacionadas

 

Nunha charla a empresarios amiguetes en Madrid proclamou "se a sanidade e a educación estivesen xestionadas por empresarios faríanse mellor as cousas e sacaríase moito máis rendemento".
 
Ao despistado Rosell esquécense os informes de expertos onde indican o elevado sobrecuste dunha sanidade privada fronte á sanidade pública, que prexudicarían enormemente as arcas públicas e aos cidadáns.
 
Rosell, o empresario cobizoso e subvencionado que se quedou sen ideas tras o estalido da burbulla inmobiliaria, ten agora a cara dura de considerar á Administración pública unha especie de trofeo para el e así explicou aos asistentes ao acto que é a única empresa rendible do país e debe cambiar cunha mellor xestión".
 
En xullo do 2014 Rosell explicaba aos asistentes doutro acto da CEOE que "a clave de por que se disparou o paro ata o 25% é pola incorporación da muller ao mundo laboral" e que "un millón de amas de casa se apuntaron ao paro para cobrar algún subsidio", frases típicas dun psicópata ou algún enfermo falto de empatía.
 
Un presidente perfecto para unha patronal que arroupa e eleva ata o máis alto a empresarios estafadores como o convicto Díaz Ferrán e o mil veces denunciado Arturo Fernández.
 
É necesario que o Estado subvencione organizacións pseudoempresariais con pailans, incompetentes, mediocres ou delincuentes?
 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript