Maio de 2015
 
 

NÚMERO 273 - 18/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  MARCHA POLA REPOSICIÓN DO ARTIGO 19
 

@S traballador@s das residencias de Traballo e Benestar mobilízanse polo Convenio

O Comité de Traballo e Benestar da Coruña convocou a primeira marcha de traballadores e traballadoras pola reposición do artigo 19 do Convenio Colectivo que regula os descansos do persoal, secuestrado polo PP desde o ano 2012.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os traballadores e traballadoras comezaron a marcha na Ponte da Pasaxe rematando na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar. Como xa vos informamos con anterioridade, a pesar das sentenzas xudiciais gañadas polas traballadoras e traballadores a Xunta négase a repoñer o artigo 19 do Convenio Colectivo que regula as quendas e o descanso do persoal. Esta non é a única reclamación das traballadoras e traballadores, coas mobilizacións que están a realizar denuncian tamén a precariedade de medios e persoal coa que a Xunta de Galicia lles obriga a realizar o seu traballo. Non é de estrañar, xa que logo, que unha das consignas máis berradas fose a de reclamar a dimisión da Conselleira Beatriz Mato.
 
VIDEO RELACIONADO

 

 


 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript