Maio de 2015
 
 

NÚMERO 273 - 18/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  15M
 

Maio 2015 M. Non nos amordazarán. A loita segue nas rúas

O 15 de maio de 2011 iniciouse na Porta do Sol de Madrid o que pronto se chamaría Movemento 15 M, que se estendeu a máis de 80 prazas do estado. Iniciouse unha ilusión, un cambio e, para moitas, un espertar colectivo de concienciación social que traspasou fronteiras: decatámonos soas de que non estabamos e confluímos como persoas nos espazos públicos, co convencemento de que as cousas había que cambialas e unímonos para conseguilo.

 

  • Noticias relacionadas

Fixémolo e seguímolo facendo sendo inclusivas coa diversidade das persoas, e sendo horizontais porque cremos na igualdade, a equidade e a solidariedade. Integrando os distintos puntos de vista construímos xuntas, a través da intelixencia colectiva mediante o asemblearismo e a non violencia.
 
Son catro anos de loita, de acción directa e de solidariedade, nos que creamos redes de apoio mutuo, socializado coñecementos, desenvolvendo un pensamento crítico colectivo e construíndo alternativas, obtendo a cambio a represión e a manipulación mediática como única resposta do poder establecido.
 
Coa súa lei mordaza e a súa reforma do código penal, que vulneran os nosos dereitos de reunión e manifestación, criminalízasenos porque protestamos e cuestionamos o sistema.
 
Dicímoslles que Non Nos Representan.
Seguimos nas rúas, impregnando todo o que sucede e existe, todas as súas bandeiras e todo o vello, coa semente da transformación social presente en cada unha de nós. E queremos seguir estando aí, goberne quen goberne, dicindo alto e claro cara a onde queremos ir.
 
Facemos fronte ás súas guerras e ocupacións militares, os seus tratados neoliberais de "libre" comercio, como o TTIP, as súas débedas, as súas políticas de austeridade, que se traducen en: privatizacións dos bens comúns e dos servizos públicos, desafiuzamentos, redución dos salarios, violación dos nosos dereitos, desemprego, precariedade, destrución da natureza e imposición dun sistema machista e patriarcal.

Seguimos loitando por un emprego digno, polo dereito á vivenda, por uns servizos públicos de calidade, por un control das entidades bancarias, por unha fiscalidade realmente progresiva, pola redución do gasto militar, polas liberdades, pola democracia, pola anulación da débeda ilexítima, que hoxe é instrumento global de dominación, de represión e de asfixia económica e financeira dos países e os seus habitantes, pola xustiza climática e a soberanía alimentaria en defensa da natureza, polas alternativas ao sistema capitalista de produción, distribución e consumo, defendendo a dignidade absoluta de todas as persoas, que implica a aceptación da diversidade sexual e o dereito á autodeterminación política e de xénero.
 
O Movemento 15 M seguirá representando un cambio de conciencia política e social a nivel persoal e colectivo que ningunha lei poderá parar.
 
Facemos un chamamento aos movementos sociais de todo o mundo para continuar construíndo espazos de participación e traballo común.
 
Fronte a un sistema para o que só podemos ser rabaño e que unicamente nos deixa a confrontación nas súas urnas, reafirmámonos no asamblearismo, na ocupación e liberación social de espazos, na autoxestión, na desobediencia, no apartidismo e no colectivismo como ferramentas políticas prioritarias, que pasan por ser conscientes da nosa capacidade de pensar, actuar e exercer as nosas liberdades políticas.
 
Fronte ao monólogo do sistema, o poder das asembleas.
 
2015M: Seguimos nas rúas!

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript