Maio de 2015
 
 

NÚMERO 272 - 11/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA - 15M MONTE ALTO
 

Reclama!

A privatización do sistema de saúde está dando lugar a un empeoramento da asistencia, como sucedeu no resto de países onde se ten aplicado este modelo.

 

  • Noticias relacionadas

Por elo, cando vostede considere que:
 
- Foi mal atendido.
- Que os tempos de espera son moi longos.
- Que o persoal é insuficiente.
- Que o coaccionan para levalo a un centro privado.
- Que a alta hospitalaria prodúcese antes de tempo.
- Ou calquera outro problema que afecte á calidade asistencial.
 
Debe de reclamar por escrito. Sen reclamación por escrito non hai posibilidade de obrigar á administración a mellorar a asistencia sanitaria.
 
Co fin de esixir a mellora da calidade asistencial e frear o deterioro que está causando este proceso privatizador, sería imprescindible que a opinión pública tivese coñecemento, tanto das deficiencias destes hospitais, como das que están sufrindo secundariamente todos os centros sanitarios públicos (hospitais, centros de especialidades, centros de saúde, etc.).
 
Por esta razón, pode contactar con nós describindo a deficiencia detectada e enviándoa ó correo: defensasanidade@gmail.com. Esta é a nosa Web: http://defensasanidadecoruna.tk
 
O noso obxectivo é facer públicas todas as deficiencias do sistema.
 
Asesoramento xurídico gratuíto para os casos de neglixencia, omisión do deber de socorro ou denegación de auxilio.

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript