Maio de 2015
 
 

NÚMERO 272 - 11/05/2015

   CUTUDC / Novidades

  O MACHISMO MATA
 

Concentración de repulsa polo asasinato por violencia machista de Isabel Fuentes

Isabel foi asasinada, con ela sumamos outra muller máis na Galiza, a primeira no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

 

  • Noticias relacionadas

 

A indignación de toda a sociedade saíu á rúa para rexeitar o cruel asasinato de Isabel e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo.


Manifesto lido na concentración
 
Mulleres organizadas en grupos de acción local na Coruña ou en Compostela, na Marcha Mundial das Mulleres de Ferrol, Ourense e Vigo, e no Consello da Muller de Pontevedra, xunto con diversas mulleres militantes do feminismo galego, convocamos hoxe concentracións en todo o país en repulsa ao asasinato de María Isabel Fuentes, a primeira muller asasinada na Galiza pola violencia machista no 2015.
 
Isabel foi acoitelada polo que era o seu marido, Aniceto Rodríguez, nunha habitación do Hospital de Ourense onde se atopaba ingresada desde o 3 de abril logo de ter sido agredida na súa propia casa. Non se adoptaron medidas cautelares de protección polo que o seu marido puido entrar na habitación e matala. Morreu polo mero feito de ser muller. Foi asasinada pola súa parella, máis tamén como consecuencia da ineficacia duns poderes públicos que non a protexeron.
 
Hai moitos síntomas que nos indican que non vivimos nunha democracia. O máis claro é que mentres este sistema patriarcal non se erradique, este sistema que se perpetúa baixo a premisa de que non somos donas de nós, que somos propiedade dos homes, nin haberá democracia nin pode haber igualdade real.
 
A ferramenta que pode combater a violencia e a discriminación machista é a coeducación nas escolas, onde se teñen que transmitir valores de igualdade tanto en dereitos como en oportunidades e non subvencionando centros que segregan por sexo e que perpetúan os valores tradicionais desa sociedade patriarcal que temos que erradicar, combatendo os roles sexistas que se transmiten na actualidade nun número moi importante de familias, en ámbitos relixiosos, a través dos medios de comunicación, no ámbito laboral, a través de anuncios publicitarios sexistas e alentadores da violencia contra as mulleres, mesmo en series de televisión, no cinema, na industria da música... potenciando valores que só benefician aos intereses comerciais e capitalistas.
 
Estamos hoxe eiquí porque queremos mudar unha situación insostible para as mulleres e porque forma parte da nosa responsabilidade. Queremos visibilizar o noso rexeitamento, que toda a sociedade entenda que é a nosa vida a que está en perigo. Que non lle pertencemos a ninguén. E que non imos ficar caladas. Non imos gardar minutos de silencio polas vítimas, imos saír á rúa todos os días que fagan falta esixindo xustiza, loitando pola igualdade e polo respecto, contra os valores patriarcais que perpetúan e consolidan na sociedade esta violencia sexista.
 
Hoxe berramos ben alto: NINGUNHA AGRESIÓN, NINGUNHA MORTE SEN RESPOSTA!
https://www.facebook.com/pages/Contra-a-Violencia-Machista-Acci%C3%B3n-Feminista-da-Coru%C3%B1a/608350839252054?fref=ts
 
Se queres participar no grupo podes contactar con nós no mail: contraviolenciamachistacoruna@gmail.com
 
Consignas:
 
Machista, escoita, estamos en loita!
Contra o machismo. Activismo!
Ante a violencia, nin un paso atrás!
Non estamos todas, faltan as mortas!
Se tocan a unha, tócannos a todas!
O machismo é o terrorismo!
Non á violencia, non ao capital. Fóra o goberno por machista e patriarcal!


 
VIDEO RELACIONADO

 

 


 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript