Número 272 - 11 de maio de 2015
 
 

UNIVERSIDADE - ELECCIÓNS SINDICAIS PAS FUNCIONARIO

Sempre do lado d@s traballador@s

    O pasado día 6, as urnas confirmaron a confianza dunha gran parte das funcionarias e funcionarios da universidade da Coruña na alternativa aberta e asemblearia que representa APA. A mensaxe central da campaña, o que quixemos con máis énfase transmitir, é que só coa unidade e coa loita conseguiremos recuperar todo o que os gobernos (central, autonómico e da nosa universidade) nos recortaron, e só con ese criterio poderemos conseguir as melloras que o colectivo reclama.

 AMINISTRACIÓN PÚBLICA DE GALICIA
    Non o conseguimos, o PP aprobou en solitario, de novo, unha lei que nos afecta directamente ao substituir a lexislación autonómica sobre función pública. Unha vez máis a división e a falta dun decidido rexeitamento por parte dos sindicatos maioritarios levounos ao mesmo de sempre. Queda agora a única esperanza de que cando teñan lugar as eleccións políticas, e botemos a Feijoo do goberno, como unha das primeiras accións o novo parlamento aprobe unha nova lei negociada e que aborde, en profundidade, os verdadeiros problemas que temos, tanto os traballadores como os propios servizos públicos de Galicia.
O MACHISMO MATA

    Isabel foi asasinada, con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas.

OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS - COIA

    O pasado martes 28 de abril varias ducias de persoas, convocadas pola ODS-Coia, G.A.S. e a parroquia do Cristo da Vitoria, concentrámonos diante da delegación da Xunta de Galicia en Vigo para denunciar que non aceptamos “Ningún negocio coas nosas necesidades”.

SANIDADE PÚBLICA - 15M MONTE ALTO

    A privatización do sistema de saúde está dando lugar a un empeoramento da asistencia, como sucedeu no resto de países onde se ten aplicado este modelo.

CORRUPCIÓN

    Se algo non fallou neste país ao longo dos dous últimos séculos é iso que algúns denominan a "intuición popular". Invariablemente, ante os sucesos, latrocinios ou fraudes protagonizadas por algún membro da casta política gobernante ou das clases sociais hexemónicas o ditame dos cidadáns da pé, acerca de cal vai ser o desenlace, adoita ser implacablemente atinado.

CARAVANA 43

    Debo dicir que a Caravana 43, fíxome recordar a Caravana da Esperanza, (maio 2013) coa que o sacerdote Alejandro Solalinde xunto a unha comitiva de nais centroamericanas que buscaban os seus fillos desaparecidos en México, tamén visitaron varias cidades estadounidenses buscando axuda internacional. Eses emigrantes en tránsito aos que os gobernos e o sistema obrigan a migrar e que desaparecen en territorio mexicano. Naquela ocasión foi tanta a apatía e segue sendo cando de emigrantes indocumentados se trata. Quen ía imaxinar que apenas dous anos despois unha Caravana 43 estaría nas mesmas circunstancias. En que nos convertemos?.

STOP DESAFIUZAMENTOS A CORUÑA

    Colamos tres párrafos do Comunicado da PAH e outros colectivos europeos de acción pola vivenda.

• OPINIÓN - Isaac Rosa

    Así é: mentres cobrabas unha mordida por facilitar unha licenza ou amañar un concurso público, graváronte. Óeseche perfectamente, é a túa voz. E se te empeñas en negalo, que saibas que tamén hai vídeo. E es ti, sen dúbida.

    
  •   
 
 S.O.S. DEREITOS DAS PERSOAS MIGRANTES
    O acto consistiu nunha performance alusiva aos milleiros de persoas que, fuxindo dos conflitos, da persecución ou da pobreza, perderon a súa vida no Mediterráneo.
 BOMBEIROS DE GALICIA
    Bombeiros de toda Galicia, convocados pola Mesa Intersindical de Bombeiros co apoio da Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia e a Coordinadora Unificada de Bomberos Profesionales escenificamos a chamada á cidadanía a participar na mobilización baixo o lema RESCÁTANOS nunha serie de accións sincronizadas repartidas por todo o país.
 17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
    O galego garantía de futuro, ten pasado e presente. É a máis grande obra colectiva do pobo galego. Galiza, o galego, non desaparecerá mentres non deixemos de usalo, mentres nós reivindiquemos a súa normalidade e actuemos no noso día a día para revitalizalo.
 COORDINADORA ANTIPRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA
    A Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública, da que somos parte ven de facer público o seguinte comunicado:
 ENTREVISTA AO PSICANALISTA E PSIQUIATRA ALFREDO GRANDE
    É posible considerarse totalmente san nunha sociedade capitalista? Pode quen non padeza anorexia, bulimia, drogodependencia, ludopatía, pleonexia, bipolaridade psicolóxica, hipocolesterolemia, obesidade ou diabete considerarse unha persoa sa?
 CCOO E UGT TRAIZOAN @S TRABALLADOR@S DAS SUBCONTRATAS DE TELEFÓNICA
    Os sindicatos UGT e CCOO alcanzaron un acordo coas empresas subcontratadas por Telefónica e decidiron desconvocar a protesta contra a multinacional.
 LOITA SOCIAL
    O levantamento de Baltimore transmitiu a inconfundible e potente mensaxe de que está a chegar á súa fin unha época de aceptación por parte da xente dos intolerables asasinatos e a brutalidade sen fin da policía.
 LINGUA. A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Con motivo do comezo da campaña electoral para as eleccións municipais do 24 de maio, A Mesa pola Normalización Lingüística reiterou hoxe a petición a todos os partidos e candidaturas que se presentan, dun compromiso explícito e claro coa lingua galega nos Concellos.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   


 

     
      SEMELLANZAS

       
        SIMBOLOS

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript